Hans Werner Henze, nado en Gütersloh (Westfalia) o 1 de xullo de 1926 e finado en Dresde o 27 de outubro de 2012, foi un compositor alemán.
Traxectoria Estudou con Wolfgang Fortner e René Leibowitz, quen o introduciu nos círculos da vangarda alemá de posguerra. Ao cabo de pouco tempo renuncia ao serialismo, sendo repudiado pola elite compositiva alemá. En 1953 deixou Alemaña, para residir en Italia alegando percibir no seu país de orixe incomprensión da súa obra así como intolerancia coa súa orientación política de esquerdas e a súa homosexualidade.
Obra
Véxase tamén Ligazóns externas Schirmer: Hans Werner Henze
Categoría:Compositores de Alemaña Categoría:Nados en 1926 Categoría:Nados na rexión de Detmold Categoría:Finados en 2012 Categoría:Compositores de ópera