Óscar Pereiro Sío, nado en Petelos (Mos) o 3 de agosto de 1977, é un ciclista galego retirado, profesional entre os anos 2000 e 2010,O adeus de Pereiro , nova en Xornal de Galicia o 4 de setembro de 2010. cuxo principal éxito foi acadar a vitoria na clasificación xeral do Tour de Francia 2006, converténdose no quinto ciclista español que gañaba a prestixiosa carreira francesa. Trala súa retirada como ciclista profesional, debutou como futbolista disputando unha tempada co equipo filial do Coruxo Fútbol Club, ó tempo que comezaba a colaborar como comentarista deportivo radiofónico na COPE. Ó ano seguinte deixou o fútbol para probar sorte no mundo dos rallys, disputando varias probas da edición 2012 do Campionato de España, ó tempo que comezou a traballar como colaborador do programa de televisión Punto Pelota.

Traxectoria como ciclista Comezos Pereiro comezou na súa mocidade pola práctica do ciclocross, deporte do que foi subcampión estatal sub-23 con 17 anos 1994 e máis tarde campión por dúas veces. En 1995 chegou a ser campión galego ao mesmo tempo de tres especialidades: afeccionado en estrada, montaña e ciclocross.

Decidiuse polo ciclismo en estrada grazas aos consellos do adestrador valenciano Paco Pla.

Pereiro fíxose profesional no ano 2000 ao entrar no equipo portugués Porta da Ravessa. En decembro de 2001 Álvaro Pino comunícalle a posibilidade de que entre a formar parte do equipo suízo Phonak, ás súas ordes, e incorpórase definitivamente a el en 2002.

Ese mesmo ano gañou unha tirada da Semana Catalá de Ciclismo e quedou no 11º posto do Giro de Italia, a súa primeira carreira de tres semanas.

En 2003 gañou unha tirada e quedou de terceiro na Volta a Suíza. Conseguiu tamén o 2º posto da Volta a Burgos 2003. En 2004, foi 10º no Tour de Francia e 17º na Vuelta a España , ademais de vencer a Clásica dos Alpes.

Ano 2005 Pereiro xogou un papel moi importante no Tour de Francia deste ano. Non só quedou 10º na clasificación xeral, recibindo o premio á combatividade, senón que foi grande protagonista de dúas tiradas: Na 15ª tirada, nos Pireneos e con final en St-Lary-Soulan, tras subir catro portos de primeira categoría, un de segunda e un de categoría especial ó final, Pereiro quedou segundo tras George Hincapie. Un xurado composto por ex-ciclistas e xornalistas concedeulle ó premio á combatividade dese día. Na 16ª tirada, con final en Pau, Pereiro quedou gañador tras escaparse do pelotón xunto con outros tres ciclistas. Esta vitoria deulle un grande prestixio, xa que durante a tirada atravesárase o famoso Col d'Aubisque (de categoría especial)

Tamén gañou ese ano unha tirada da Volta a Romandía, na que quedou en 7º posto, alén de ser 6º da Volta a Euscadi.

Pereiro integrou a selección española que participou nos Mundiais de ciclismo de Madrid, o 25 de setembro de 2005, na proba de fondo en estrada. Rematou a proba na posición 50ª.

Venda de tirada Pereiro rematou na segunda posición na 15ª tirada que percorreu os Pireneos, por detrás de George Hincapie. En xaneiro de 2014, confesou nun programa de radio que este resultado produciuse tras negociar co ciclista estadounidense un prezo para deixarse gañar, aínda que segundo a súa versión, nun primeiro momento Pereiro pensou que Hincapie estáballe a ofrecer o trato ao revés: pedíndolle cartos ao ciclista galego para deixarlle a vitoria da tirada máis importante do Tour dese ano.Pereiro reconoce que vendió (o compro) una etapa del Tour 2005 a Hincapie Nas súas explicacións, Pereiro tamén conta como, dado este erro de interpretación, se colocou ben o maillot e as lentes antes de chegar á meta. Nas imaxes da tirada non se aprecia que fixera nada do que describe, como tampouco parece que estivese correndo sabéndose gañador da etapa, pero si pode verse que mantén unha breve conversa con Hincapie a falta duns quilómetros para o final.Tour de Francia 2005 Etapa 15 Lézat sur Lèze - St Lary Soulan 3/4

As prácticas de compra e venda de competicións deportivas están prohibidas pola UCI, pero prescriben aos oito anos de producirse. No momento que Pereiro confesou esta ilegalidade xa se cumprira este prazo, xa que pasaron oito anos e medio.

Ano 2006 dereita|200px|miniatura|Óscar Pereiro. miniatura|350px|Óscar Pereiro vestido de amarelo no Tour de Francia 2006. No Tour de Francia deste ano, Pereiro tivo unha destacada presenza. Ó principio, e tras sufrir unha "baixada de azucre" (segundo el mesmo) na 11ª tirada, situouse a 28 minutos e 52 segundos respecto do primeiro clasificado.

Porén, dous días máis tarde, na 13ª tirada, Pereiro poñíase no primeiro lugar da clasificación xeral, vestindo a camisola do equipo Caisse d'Épargne-Illes Balears, ó chegar á meta 29 minutos e 57 segundos por diante do pelotón. Isto debeuse a que o equipo do entón líder, Floyd Landis, quería ceder a responsabilidade do liderado a outro corredor, con vistas a recuperalo nos Alpes na seguinte semana.

Así, Pereiro convertíase no primeiro galego en vestir o maillot amarelo no Tour. Porén, tres días máis tarde (na 15ª tirada, con final no Aup d'Ueis), perdía esa mesma camisola por tan só 10 segundos.

Pero un día máis tarde, na 16ª tirada, con final en La Toussouire, Pereiro recuperou o liderado do Tour ó sacarlle case dez minutos ó estadounidense Floyd Landis, que sufriu un desfalecemento durante a subida final. Despois da seguinte tirada, a que rematou dez quilómetros despois do porto de Joux-Plane, Óscar Pereiro retivo o maillot amarelo, pero coas diferenzas moi exiguas: o segundo, o español Carlos Sastre, estaba a 12 segundos e o estadounidense Landis a 30 segundos.

Estas diferenzas non abondaron na contra o reloxo do día seguinte, na que Landis rematou un minuto e 29 segundos por diante de Pereiro, converténdose así no gañador da edición do Tour de Francia dese ano. Malia todo, na clasificación xeral, Pereiro rematou sendo segundo, 57 segundos por detrás de Landis. Porén, uns días despois, fíxose pública a dopaxe de Floyd Landis por testosterona. Ao confirmarse o positivo, Pereiro converteuse de facto en vencedor do Tour 2006, o primeiro galego en facelo. Porén, o Tour non recoñeceu a súa vitoria durante meses, de xeito que a edición de 2006 non recolleu ningún vencedor. O 18 de febreiro de 2006, o xornal francés Le Monde publicaba unha noticia onde se acusaba a Pereiro de tomar substancias dopantes. O produto, salbutamol, é un medicamento contra a asma, para o que Pereiro estaba autorizado e consumido nunha proporción menor á tolerada polos regulamentos antidopaxe. O 25 de febreiro, a Axencia Antidopaxe Francesa arquivaba esta acusación.

Investigación por dopaxe O 18 de xaneiro de 2007 o diario francés Le Monde publicou que Pereiro dera dous positivos no Tour de Francia 2006. Segundo esta información estes positivos producíranse nas tiradas 14ª e 16ª pola substancia salbutamol.Oscar Pereiro, deuxième du Tour de France 2006, a été contrôlé positif pendant la Grande Boucle, nova en Le Monde o 18 de xaneiro de 2007 O salbutamol é un medicamento para tratar os síntomas do asma, e o seu uso está autorizado se o cilista presenta un certificado médico para o seu consumo. No caso de Pereiro, a axencia antidopaxe francesa considerou nun primeiro momento que a xustificación presentada polo ciclista era insuficiente, e concedeulle un prazo dunha semana para aclarar a situación. Finalmente, o 25 de xaneiro, a axencia antidopaxe francesa pechou a investigación xa que Pereiro proporcionou a xustificación médica que se lle pedira.

Ano 2007 Óscar Pereiro comezaba o Tour de Francia 2007 sen que lle recoñecesen a vitoria da edición anterior. Así, sairía de último na tirada prólogo, que arrincaba en Londres, pero no canto de levar o dorsal número 1 levaría o 11. Tampouco figuraba como o líder do seu equipo, o Caisse d'Epargne, onde traballou para mellorar a clasificación do líder do conxunto, o español Alejandro Valverde. Finalmente, rematou en décima posición, co que sumaba tres edicións consecutivas da rolda gala entre os dez mellores.

No Tour de Francia TiradaDataCidades km Resultado de Óscar PereiroPosición na xeralPrólogo7 de xulloLondres-Londres8 contra o reloxo 21º, a 37" de Fabian Cancellara 21º, a 37" de F. Cancellara1ª tirada8 de xulloLondres-Canterbury203 73º, co mesmo tempo ca Robbie McEwen 22º, a 37" de F. Cancellara2ª tirada9 de xulloDunkerque-Gante167 129º, co mesmo tempo ca Gert Steegmans 25º, a 37" de F. Cancellara3ª10 de xulloWaregem-Compiègne236 18º, co mesmo tempo ca F. Cancellara 25º, a 57" de F. Cancellara4ª11 de xulloVillers-Cotterêts-Joigny190 57º, co mesmo tempo ca Thor Hushovd 25º, a 57" de F. Cancellara5ª12 de xulloChablis-Autun184 39º, co mesmo tempo ca Filippo Pozzato 18º, a 57" de F. Cancellara6ª13 de xulloSemur-en-Auxois-Bôrg200 101º, co mesmo tempo ca Tom Boonen 19º, a 57" de F. Cancellara7ª14 de xulloBôrg-Le Grand-Bornand197 11º, a 3'38" de Linus Gerdemann 15º, a 4'03" de L. Gerdemann8ª15 de xulloLe Grand-Bornand-Tignes165 15º, a 4'03" de Michael Rasmussen 14º, a 3'54" de M. Rasmussen9ª17 de xulloLavâl-Briançon161 16º, a 3'24" de Mauricio Soler 15º, a 6' 36" de M. Rasmussen10ª18 de xulloTalard-Marsella229 18º, a 10'36" de Cédric Vasseur 14º, a 6' 36" de M. Rasmussen11ª19 de xulloMarsella-Montpellier180 26º co mesmo tempo ca Robert Hunter 13º, a 6'36" de M. Rasmussen12ª20 de xulloMontpellier-Castres179 50º co mesmo tempo ca Tom Boonen 13º, a 6'36" de M. Rasmussen13ª21 de xulloAlbi-Albi54 contra o reloxo 19º, a 3'23" de Alexander Vinocurov 14º, a 7'04" de M. Rasmussen14ª22 de xulloMasamet-Plateau de Beille197 13º, a 3'45" de Alberto Contador 11º, a 11'01" de M. Rasmussen15ª23 de xulloFois-Loudenvielle - Le Louron196 28º, a 9'00" de Alexander Vinocurov 13º, a 14'30" de M. Rasmussen16ª25 de xulloOrtès-Goreta Porto de Aubisca218 9º a 2'27" de M. Rasmussen 12º, a 17'17" de M. Rasmussen17ª26 de xulloPau-Castelsarrasin188 92, a 9'39" de Daniele Bennati 11º, a 14'07" de A. Contador18ª27 de xulloCahors-Angoulême210 17º, a 8'37" de Sandy Casar 11º, a 14'07" de A. Contador19ª28 de xulloCognac-Angoulême55 contra o reloxo 8º, a 2'36" de Levi Leipheimer 10º, a 14'25" de A. Contador20ª29 de xulloMarcoussis-París Campos Elisios 130 46, a 5" de Daniele Bennati 10º, a 14'25" de A. Contador

Na Vuelta a España Entre o Tour e a Vuelta a España Pereiro seguiu a dúa preparación co Tour do Lemosín, onde quedou segundo da xeral. Na Vuelta, que comezou o 1 de setembro en Vigo, Pereiro foi líder do seu conxunto, logo de que Valverde decidise non participar para preparar o Mundial de ciclismo.

Ano 2008 No ano 2008, Pereiro quedou en terceira posición no campionato de España de ciclismo, onde obtivo a medalla de bronce. No Tour de Francia