Alícia Sánchez-Camacho Pérez, nada en Barcelona o 22 de abril de 1967, é unha política catalá de dereitas e presidenta do Partit Popular Català dende o 6 de xullo de 2008 ata o 25 de marzo de 2017.

Estudou a Licenciatura en Dereito e accedeu ao Poder Xudicial como xuíza substituta. Estudou un mestrado en Administración pública.

Traxectoria Sánchez-Camacho foi deputada autonómica pola circunscrición de Barcelona e portavoz do PP catalán. Foi Subdirectora xeral de Formación, directora do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo mentres Javier Arenas era Ministro de Traballo e Asuntos sociais, Subdirectora xeral de Formación Profesional, Conselleira laboral da embaixada española en Estados Unidos e Delegada internacional na Organización dos Estados Americanos.

Na actualidade é senadora por designación autonómica en representación da Comunidade Autónoma de Cataluña.O Parlamento catalán nomea a Sánchez Camacho (PP) nova senadora en representación da Generalitat , EcoDiario, 16/04/2008. Na Cámara Alta exerce de portavoz de Traballo e Inmigración do Grupo Popular, así como de vogal nas comisións de Interior e Comunidades Autónomas.Alícia Sánchez-Camacho Pérez , Páxina web do Senado. Tamén foi presidenta do Partido Popular de Xirona. Foi a candidata alternativa de Mariano Rajoy como consenso ante as candidaturas presentadas inicialmente para presidir o Partit Popular de Catalunya,A dirección nacional do PP aposta por Sánchez-Camacho como presidenta do partido en Cataluña El Periódico de Catalunya, 1/7/2008 gañando cunha axustada marxe ante a outra candidata do partido, Montserrat Nebrera.O novo PP non é o de Rajoy LibertadDigital.com 06/07/2008.

En maio de 2008 é designada xunto a María San Gil e a José Manuel Soria membro da comisión redactora do relatorio político do XVI Congreso nacional do PP, celebrado en xuño dese mesmo ano, relatorio que precipitaría a saída unilateral de San Gil do PP vasco.

Durante o XII Congreso Autonómico do Partit Popular de Catalunya, celebrado os días 5 e 6 de xullo en Barcelona, é proclamada nova presidenta rexional.

Nas eleccións ao parlamento de Cataluña de 2010, con 18 escanos, obtivo o mellor resultado do Partido Popular en Cataluña. Nas eleccións ao parlamento de Cataluña de 2012 preséntase como primeira da lista do Partit Popular Català pola circunscrición de Barcelona. miniatura|Alicia Sánchez-Camacho y Aguirre en 2010

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha de Alícia Sánchez-Camacho, na web do PP de Cataluña.

Categoría:Deputados do Parlamento de Cataluña Categoría:Políticos do PP Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1967 Categoría:Deputados da XI Lexislatura da Asemblea de Madrid Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)