Sandra Annette Bullock, nada o 26 de xullo de 1964 no Condado de Arlington, é unha actriz estadounidense.

Traxectoria Bullock fíxose famosa na década de 1990 primeiro aparecendo en filmes como Who Do I Gotta Kill? (1992), O demoledor (1993) pero sobre todo pola súa interpretación en Speed (1994) e While You Were Sleeping (1995), desde aquela continuou a súa carreira con éxitos como A rede (1995), Tempo de matar (1996), Making Sandwiches (1998), 28 Days (2000), Miss axente especial (2000) e Crash (2004), que recibiron recoñecemento da crítica. En 2007 era a 14ª celebridade feminina máis rica, cunha fortuna estimada en 85 millóns de dólares.. En 2009 Bullock protagonizou os dous filmes de máis éxito comercial da súa carreira, The Proposal e Un soño posible. Bullock gañou un Oscar pola súa interpretación de Leigh Anne Tuohy en Un soño posible, ao longo da súa carreira tamén gañou un Globo de Ouro, dous Screen Actors Guild, catro MTV Movie, sete Teen Choice e sete People's Choices. Filmografía

Premios

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de Virxinia Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de televisión Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Óscar á mellor actriz