José García García, nado en Silleda o 13 de febreiro de 1922 e finado na mesma vila o 28 de outubro de 2007, foi un político galego.
Traxectoria Estudou o bacharelato no Instituto da Estrada. Foi delegado da Organización Juvenil Española (1943-1947) e secretario do Sindicato Vertical de Silleda (1946-1951). Funcionario do concello de Silleda, foi secretario da Junta Municipal do Movimiento (1951-1976). Formou parte dos grupos directivos de Acción Católica e de Cáritas Diocesana. A partir de 1946 promoveu o cooperativismo agrario, sendo presidente de dúas cooperativas provinciais e de UTECO-Pontevedra. Promoveu a Asociación Agraria Provincial (GAP) da que foi vicepresidente, federada na Rexional e Nacional UFADE.
Na Transición foi elixido membro do Comité Executivo do Partido Gallego Independiente no seu primeiro Congreso Federal constituínte en febreiro de 1977. O PGI integrouse na UCD e foi elixido senador pola provincia de Pontevedra nas eleccións de 1977. Nas eleccións de 1979 volveu ser elixido para o Senado tamén pola UCD. En 1984 integróuse en Coalición Galega.La Voz de Galicia, 26-2-1984, p. 16. Finou en Silleda o 28 de outubro de 2007."Adiós al silledense que fue senador en dos mandatos" La Voz de Galicia, 30/10/2007 .
Vida persoal Casou con Lidia Otero Alonso e tivo nove fillos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Políticos de UCD Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes