A tempada 2010-2011 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 44 da máxima categoría do rugby en España. A fase regular comezou o 5 de setembro do 2010, e durante as 18 xornadas da competición enfrontou entre si ós 10 equipos que compoñen a liga, ata o 6 de marzo do 2011, data na que rematou o campionato, coa vitoria final de Club de Rugby La Vila por vez primeira na súa historia.

O Club de Rugby El Salvador era o encargado este ano de defender o título logrado na pasada tempada. Os novos equipos na categoría foron dous vellos coñecidos da liga, o CAU Valencia e o Club Alcobendas Rugby.

Equipos Equipo EstadioCidadeClub Alcobendas RugbyLas TerrazasAlcobendasCAU ValenciaCampos do Río TuriaValenciaClub de Rugby El SalvadorCampos de Pepe RojoValladolidClub de Rugby CienciasLa CartujaSevillaGernika Rugby TaldeaCampo de UrbietaGernika-LunoOrdizia Rugby ElkarteaFernando TrevijanoOrdiziaClub de Rugby La VilaCampo de El PantanoLa Vila JoiosaBera Bera Rugby TaldeaMiniestadio de AnoestaDonostiaValladolid RACCampos de Pepe RojoValladolidUE SantboianaBaldiri AleuSant Boi de Llobregat

Clasificación

División de Honra — Tempada 2010/11PostoEquipoPuntosXogadosGañ.Emp.Per.BOBD 1 CR La Vila 68 18 15 0 3 8 0 2 Ordizia RE 67 18 13 0 5 11 4 3 CR El Salvador 59 18 11 1 6 8 5 4 Gernika RT 57 18 12 1 5 4 3 5 VRAC 53 18 11 0 7 6 3 6 CR Ciencias 39 18 7 1 10 7 2 7 UE Santboiana 34 18 7 0 11 3 3 8 C Alcobendas R 33 18 6 0 12 4 5 9 Bera Bera RT 33 18 5 1 12 4 7 10 CAU Valencia 6 18 1 0 17 1 1A vitoria vale 4 puntos e o empate 2. Os bonus, dun punto cada un, danse por conseguir 4 ensaios ou máis, e por perder por 7 puntos ou menos.

<<<< 2009/10 — Tempadas — 2011/12 >>>>

En azul o campión de liga (1º). En vermello as posicións de descenso directo (9º e 10º).<noinclude>

Datos finais do campionato:

La Vila conseguiu o seu primeiro título de campión de liga, con 68 puntos en 18 xornadas. Os 2 últimos clasificados, Bera Bera e CAU Valencia, descenderon de categoría. O centro surafricano Ryan Pierre Le Roux, do La Vila, liderou por 3º ano a táboa de ensaiadores da liga por con 17 ensaios. O apertura francés Vincent Kevin Gassie, do Gernika, liderou a táboa de anotadores da liga con 210 puntos. Os equipos Vigo Rugby Club e Getxo Rugby Taldea, da División de Honra B, conseguiron o ascenso para competir na tempada 2011/12 na División de Honra.

Véxase tamén Outros artigos Heineken Cup 2010-2011 Aviva Premiership 2010-2011 Top 14 2010-2011 Magners League 2010-2011

Ligazóns externas http://www.ferugby.com

Categoría:Rugby en 2011 Categoría:División de Honra de Rugby