Cayetano Tomás Navarrete Pasapar, nado en Viveiro o 21 de decembro de 1960, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa.

Traxectoria Na tempada 1986–87 fichou polo Deportivo da Coruña, en Segunda División. No conxunto coruñés permaneceu durante 4 tempadas, nas que foi un habitual da zaga sobre todo nas tres primeiras. Pese a que a chegada ao club de xogadores como Martín Lasarte ou Borče Sredojević fíxolle restar minutos, compartiu posto na defensa con futbolistas como Portela, Tomás Blesa ou Sabín Bilbao.

Na tempada 1991–92 foi contratado pola SD Compostela de Fernando Castro Santos, tamén en Segunda División, onde estivo 2 tempadas e participou tan só en 12 encontros.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Futbolistas de Viveiro Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da SD Compostela