miniatura|200px|"Llyfr Du Caerfyrddin" (f.4.r) miniatura|dereita|200px|Edición de 1907 do llyfr Du Caerfyrddin miniatura|200px|Imaxe dunha páxina do libro negro de Carmarthen. O Libro negro de Carmarthen, (en lingua galesa Llyfr Du Caerfyrddin), é probabelmente o manuscrito medieval conservado máis antigo redactado enteiramente en galés.Daniel Huws of the National Library of Wales (Llyfrau Cymraeg 1250-1400, Aberystwyth 1993). Escrito sobre o 1250, o libro porta o nome da capital do Carmarthenshire, Carmarthen (Caerfyrddin en galés), mentres que a cor negra se refire á tonalidade da encadernación. Está depositado na Biblioteca Nacional de Gales, onde está catalogado como NLW Peniarth MS 1.
O libro é unha escolma de textos poéticos divididos en varias categorías. Hai poemas con temas relixiosos e odas á oración e o loito. Para os estudosos, o maior interese deste manuscrito son os poemas sobre as tradicións e as referencias á mitoloxía galesa, así como os heroes e o Hen Ogledd. Tamén teñen especial importancia os conectados coa lenda do Rei Artur e Merlín. Un dos poemas, Gereint fil erbin, fai referencia á Batalla de Llongborth, cuxa localización nunca puido ser sinalada, e na que se menciona a participación de Artur.
Publicouse recentemente no xornal de Carmarthen a posibilidade de aloxar o "Libro negro" na súa cidade, polo que podería ser visto pola xente do lugar e polos turistas.
Contidos Estes son os textos que se inclúen no manuscrito.
Ymdidan Myrtin a Talyessin - O diálogo de Myrddin (Merlín) e Taliesin. Breudwyt a welwn neithiwr - Tiven un soño esta noite. Devs Ren Rymaw y Awen - Deus Todopoderoso deume á miña Awen. Hervit Vrten Autyl Kyrridven - Pola dignidade do verso de Cerridwen. Dadl y corf ar Eneit - Debate entre o corpo e a alma. Trioedd y meirch - Tríades dos cabalos. Moli duw ynechreu a diwed - Louvando a Deus ao principio e ao final. Cyntevin Ceinhaw Amser - Primavera, a máis fermosa das estacións. Gogonedog Arglwyd - Glorioso Señor. Mawl ir drindod - Louvanza da Trindade. Mawl i duw - Louvanza de Deus. Iesu a meir ar kynhaeaf Gwyrthiawl - Xesús, María e a colleita milagrosa. Adwyn kaer - Fortaleza de ánimo. Dinas Maon - A cidade de Maon. Y Bedwenni - O bidueiro. Afallenneu Myrtin - As maceiras de Merlín. Oiannau Myrtin - As exclamacións de Merlín. Englynion y Bedau - As estancias das tumbas. Kygogion. Elaeth ae Cant - Unha cadea de estancias. Cantouna Elaeth. Elaeth a gant - Cantounas Elaeth. Gereint fil erbin - Gereint fillo de Erbin. I hywel ap goronwy - A Hywel fillo de Goronwy. Aswynaf nawd duw - A beizón da axuda de Deus. Dryll o dadl y corff ar eneid - Un fragmento do 'Debate do corpo e a alma'. Ysgolan - Ysgolan. Cyntaf gair a dywedaf - A primeira palabra que pronunciei. Cysul Adaon - As ensinanzas de Addaon. Marwysgafn Cynddelw brydyd Mawr - A fermosa morte de Cynddelw o Gran Bardo. Bendit y wenwas - Louvanza da feliz xuventude. Mechydd ap llywarch - Merchydd fillo de Llywarch. Pa gur yw y porthawr? - Que home é o porteiro?. Dernyn - Fragmento. Gwallawg ar wyd - Gwallawg e o ganso. Ymdidan rwng Gwydneu Garanhir a Gwyn ap nud - O diálogo entre Gwyddno Garanhir e Gwyn fillo de Nudd. Dau darn o chwedyl Trystan - Dous fragmentos da lenda de Tristán. Ymdidan Ugnach a Thaliesin - Diálogo de Ugnach e Taliesin. Englynion i deulu Madauc fil maredut - Estancia a Madog fillo de Maredudd. Marwnad Madauc fil' Maredut - Pranto por Madog fillo de Maredudd. Boddi vaes Gwydneu (Seithennin) - O asolagamento do reino de Gwyddneu. Enwev Meibon llywarch hen - Os nomes dos fillos de Llywarch Hen.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Literatura galesa
Bibliografía Jarman, A. O. H. (Ed.) (1982), Llyfr Du Caerfyrddin. Caerdydd : Gwasg Prifysgol Cymru. ISBN 0-7083-0629-2. Edición diplomática do texto orixinal. Pennar, Meirion. (1989), The Black Book of Carmarthen. Llanerch Enterprises. ISBN 0-947992-31-6. Introdución con traducións dalgúns dos poemas.
Ligazóns externas The Black Book of Carmarthen na Biblioteca Nacional de Gales. Dá acceso a imaxes en cores de Peniarth MS 1. The Black Book of Carmarthen no Celtic Literature Collective. Emprega a incompleta e descoidada tradución de Skene de 1848. Dyfed Lloyd Evans: Contido, texto orixinal, con algunhas versións en galés moderno e traducións ao inglés. Evans, John Gwenogvryn. Ed. Black Book of Carmarthen. (Pwllheli: 1906). The diplomatic edition of the complete MS.
Categoría:Literatura en lingua galesa Categoría:Manuscritos