Este artigo trata sobre a cidade, para o río vexa río Gallegos.

Río Gallegos, coloquialmente Gallegos, é a capital da Provincia de Santa Cruz, situada na Patagonia, na República Arxentina.

Localizada na desembocadura do río Gallegos no departamento Güer Aike, é a cidade máis poboada da provincia —con 95 796 habitantes (2010)— e o centro distribuidor para as actividades turísticas da zona. A oferta turística da cidade está conformada por museos, monumentos histórico-culturais e circuítos urbanos; así como tamén un estuario que alberga miles de aves residentes e migratorias. Fóra do radio urbano pode verse a paisaxe volcánica da Laguna Azul, ou a Reserva Faunística Cabo Vírgenes, unha das maiores pingüineiras de América do Sur que alberga, de outubro a abril, máis de 150 000 pingüíns magallánicos.

Historia Esta cidade existiu como poboación, aínda antes da chegada de Carlos María Moyano, quen en 1883 foi designado Gobernador do Territorio Nacional de Santa Cruz. A data da súa fundación formal senta cando o Goberno Nacional Arxentino destacou ao buque Villarino ao mando do capitán Federico Spurr, para que realizase a viaxe regular entre Buenos Aires e os portos da Patagonia. Río Gallegos naceu ao instalarse a Sub Prefectura Marítima, o 19 de decembro de 1885.

Véxase tamén Ligazóns externas Municipalidade de Río Gallegos

Categoría:Cidades da Arxentina Categoría:Provincia de Santa Cruz