O Aeroporto Internacional de Cabul (IATA: KBL; OACI: OAKB), ou aeroporto Hamid Karzai, é un aeroporto localizado a 16 quilómetros do centro de Cabul. É o aeroporto máis importante de Afganistán.
Historia e características
Foi construído a comezos da década dos 60. Debido ás sancións internacionais impostas ao réxime talibán, o aeroporto foi pechado a finais dos anos 90, acabando cos poucos voos internacionais que tiña. Tras os atentados do 11 de setembro de 2001 e a Guerra de Afganistán, o aeroporto foi reaberto baixo supervisión estadounidense. Ao comezo só foi utilizado polas Forzas Armadas dos Estados Unidos, a ISAF e a forza de pacificación da OTAN. Tras a suspensión das sancións impostas pola ONU, o aeroporto retomou operacións con voos civís. O exército dos Estados Unidos e forzas da ISAF dirixen o aeroporto e proporcionan seguridade xunto ao exército afgán.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto Ficha do aeroporto
Cabul