(528381) , tamén escrito coma 528381 (), é un obxecto trans-neptuniano cunha magnitude absoluta de 4,4. Este feito é o que o leva a ser considerado coma un candidato a planeta anano.

Distancia Chegou ó seu perihelio ó redor do ano 1955, e actualmente está a uns 57,2 UAs respecto do Sol. Foi só observado 21 veces en 2 oposicións distintas e o coñecemento sobre a súa órbita é de nivel 5 (pobre).

500px|miniatura|none| tarda máis de 1.000 anos en dar unha volta ó Sol. De entre os planetas ananos e dos posibles candidatos a planetas ananos, só hai dous corpos (dos que se teña coñecemento) cunha órbita máis grande ó redor do Sol, que son Sedna e 2005 QU182.

Asumindo o albedo xenérico para os TNOs que é de 0.09, o diámetro estimado para este obxecto sería duns 580 kms de diámetro. Pero dende que o seu albedo é descoñecido e a súa magnitude absoluta é de 4.4, este corpo podería perfectamente ter un diámetro de entre 350 a 783 kms.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Candidatos a planeta anano Planeta anano

Ligazóns externas

Orbital simulation from JPL (Java) / Horizons Ephemeris

Categoría:Obxectos do disco disperso e obxectos distantes Categoría:Candidatos a planeta anano