Luís Iglesias Iglesias, nado en Teis (Vigo) o 2 de xullo de 1895 e finado en Pontevedra o 29 de decembro de 1976, foi un científico galego.
Traxectoria miniatura|dereita|O SEG en 1936: Xesús Carro, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Luís Iglesias Iglesias, Sebastián González García-Paz, Felipe Cordero Carrete, Salustiano Portela Pazos, Paulino Pedret, Jaime Vidal Rey, Antón Iglesias Vilarelle, Manuel Díaz Rozas, Alfonso Vázquez Martínez, Xosé Filgueira Valverde, Xulio Francisco Ogando, Ramón Sobrino Buhigas, Anxelo Ramos Colemán, Isidro Parga Pondal, Florentino López Cuevillas e Xoán López Durá. Fillo do médico Xosé Iglesias Añino e sobriño de Eduardo Iglesias Añino. Estudou bacharelato en Vigo e en Madrid Ciencias Naturais e Medicina. Doutorouse en Ciencias Naturais coa tese Enumeración de los curculiónidos de la Península Ibérica e Islas Baleares en 1918. Ao ano seguinte licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Dedicouse á docencia e a súa obra investigadora centrouse, sobre todo, na Entomoloxía. Desempeñou os cargos de decano da Facultade de Ciencias, presidente do Seminario de Estudos Galegos, do que formaba parte desde 1926, e reitor da Universidade. En 1947 ingresou na Real Academia Galega co discurso Las especies del género Carabus en Galicia. Tamén colaborou na Historia de Galiza de Ramón Otero Pedrayo, escribindo a parte de Zooloxía.
Galardóns e homenaxes O Museo de Historia naturalMuseo de Historia Natural "Luis Iglesias" » Historia da USC leva o seu nome e, no ano 2014, a Real Academia Galega de Ciencias adicoulle o Día do Científico Galego.
Obras (selección) Algunas especies nuevas o poco conocidas para la fama ornitológica de Galicia. Reconocimiento de tejidos vegetales por reactivos microquímicos. Los prados de las regiones media y montaña de Galicia. Descripción de tres yacimientos gallegos de evansita. La lucha antiacrídica. Fauna de Galicia I. Cerambícidos de Galicia II. Variabilidad por fluctuación de las manchas elitrales de "Crioceris asparagi". Biología de los parásitos del hombre.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Luis Iglesias en galegos.info
Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Reitores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Día da Ciencia en Galicia Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela