miniatura|dereita|200px|Trujillo coa súa segunda esposa, Bienvenida Ricardo, en 1934.

Rafael Leónidas Trujillo Molina, nado en San Cristóbal o 24 de outubro de 1891 e asasinado en Ciudad Trujillo o 30 de maio de 1961, foi un militar dominicano e ditador do seu país, o cal gobernou dende 1930 até o seu asasinato en 1961. Exerceu a presidencia da República Dominicana entre os períodos 1930-1938 e novamente entre 1942-1952, gobernando de forma indirecta durante os períodos 1938-1942 e 1952-1961, valéndose de presidentes aos que manexaba.

Ademais de como El Jefe, era coñecido polos seus seguidores como "El Benefactor" ou "Padre de la Patria Nueva"; tamén era coñecido despectivamente como "El Chivo" ou "Chapitas" (pola gran cantidade de medallas e condecoracións que exhibía no seu uniforme militar).

A súa tiranía"Trujillo erigió tiranía bajo ley, batuta y orden", artigo en Listín, 30 de maio de 2011. historicamente coñecida como a Era de Trujillo, é considerada unha das máis sanguentas do século XX."Rafael Leónidas Trujillo. Dictador y reptiliano" , artigo en Control de los cielos. Estivo caracterizada polo anticomunismo, a represión de toda oposición e polo culto á personalidade. Os seus defensores destacan como aspectos positivos do réxime a restauración da orde pública e o progreso económico do país.

O goberno de Trujillo foi responsable da morte de máis de 50.000 persoas, incluíndo entre 20.000 e 30.000 no Masacre del Perejil.

Trujillo prestou especial atención a mellorar as Forzas Armadas. O persoal militar recibiu xenerosa paga e beneficios baixo o seu goberno e ampliou o número de efectivos, así como os inventarios de equipo. Trujillo mantivo o control sobre o corpo de oficiais a través do medo, o clientelismo e a frecuente rotación de tarefas, que inhibiu o desenvolvemento dos seus seguidores persoais.

O establecemento do monopolio do Estado sobre todas as empresas importantes no país recadou fondos para o estado a través da manipulación dos prezos e a malversación de fondos de Trujillo.

Durante 31 anos, todos os estamentos do Estado funcionaban sen ningunha "violación" da lei. Toda tortura ou condena era borrada, negada. Unha morte era encuberta nun accidente ou os seus supostos autores eran encarcerados.

Traxectoria Orixes Trujillo naceu en San Cristóbal, fillo de José Trujillo Valdez, pequeno comerciante descendente do sarxento canario José Trujillo Monagas, que chegara a Santo Domingo como integrante das tropas españolas de reforzo durante a Anexiónhttp://publicacionesdiarias.blogspot.com/2007/05/antecedentes-de-trujillo.html "Antecedentes de Trujillo"], en Publicaciones diarias, 4 de maio de 2007 ., e de Altagracia Julia Molina Chevalier, máis tarde coñecida como Mamá Julia, filla de Pedro Molina, campesiño dominicano, e de Luisa Ercina Chevalier, filla á súa vez dun oficial haitiano dos tempos da ocupación de 1822. A súa bisavoa Diyeta Chevalier tamén era de orixe afro-haitiana. Tempo máis tarde, Trujillo renegou da ascendencia haitiana da súa nai debido á súa matanza de haitianos en 1937.

Era o terceiro de once fillos, xunto a Rosa María Julieta, Virgilio, José "Petán" Arismendy, Amable "Pipi" Romero, Julio Aníbal, Luisa Nieves, Pedro Vetilio, Ofelia Japonesa e Héctor "Negro" Bienvenido Trujillo Molina. Trujillo tivo tamén outros irmáns por parte de pai. De orixe humilde, agás Amable Romeo os seus irmáns foron xenerais e coroneis do Exército Dominicano, e baixo a súa ditadura Héctor Bienvenido foi nomeado Xeneralísimo en 1959.

A súa educación básica foi irregular e bastante limitada. En 1897 foi inscrito na escola de Juan Hilario Meriño, e un ano despois trasladouse á escola de Broughton, onde foi discípulo de Eugenio María de Hostos, permanecendo alí tres ou catro anos.

En 1907, con 16 anos, Trujillo obtivo un traballo como telegrafista, actividade que exerceu durante 3 anos. Concluído este tempo dedicouse xunto ao seu irmán José Arismendi ("Petán") ao cuatrerismo, a falsificación de cheques e o roubo postal, sendo declarado culpable e encarcerado algúns meses por estes delitos.

En 1916 retoma as actividades criminais, liderando a banda de asaltantes "La 42", temida pola súa violencia, mentres adicaba o resto do tempo a actividades diversas.Diederich, B.: Trujillo, la muerte del Dictador (1978). Santo Domingo. pp. 258. ISBN 0-316-18440-3 .. Máis tarde traballou durante dous anos na industria do azucre como garda campestre.

Entrada na milicia En 1916 tivo lugar a Intervención Militar Estadounidense na República Dominicana por mor das ameazas de non pagar a débeda externa. O Exército de Ocupación creou axiña unha Garda Nacional para restablecer a orde. En 1918 Trujillo integrouse na Garda Nacional, impresionando os seus recrutadores, sendo promovido a Segundo Tenente o 18 de decembro dese mesmo ano. Foi ascendido novamente e prestou xuramento o 11 de xaneiro de 1919, converténdose no tenente número 15 dos dezaseis que existían entón na Guardia Nacional. En 1921 ingresou nunha Academia Militar fundada polo exército de ocupación en Haina, e o 22 de decembro dese mesmo ano foi designado para ocupar a xefatura da gornición de San Pedro de Macorís. En 1922 foi trasladado ao Cibao e, mentres se encontraba en San Francisco de Macorís, foi ascendido a Capitán sen pasar polo grao de Primeiro Tenente, algo irregular na escala militar, pero explicable debido aos "servizos" prestados por Trujillo ao ocupante estadounidense. Este ascenso foi acompañado pola reorganización da Guardia Nacional, que máis tarde se converteu na Policía Nacional Dominicana, na que pouco tempo despois ocupou o mando da 10ª compañía.

En 1923, antes do seu nomeamento como inspector do primeiro distrito militar, participou como estudante na escola de oficiais o Departamento del Norte. Nesa época, a pesar da súa formación militar, comezaron a manifestarse as súas inclinacións políticas. Emprendeu unha vertixinosa carreira como oficial, chegando ao grao de Maior. Cando as tropas dos Estados Unidos abandonaron o país en 1924, deixaron a Trujillo a cargo. En 1927 Trujillo integrouse na Brigada Nacional logo de que fose creada para substituír a Garda Nacional, e ascendeu ao grao de xeneral.

Golpe de estado a Vásquez e ascenso ao poder Ao triunfar Horacio Vásquez nas eleccións que seguiron á desocupación das tropas estadounidenses en 1924, Trujillo recibiu a petición de permanecer á fronte da Policía Nacional. O 6 de decembro dese mesmo ano o Presidente Vásquez ascendeuno a Tenente Coronel e nomeouno xefe do Estado Maior.

En 1930 estoupou en Santiago unha insurrección contra o presidente Horacio Vásquez, e os rebeldes marcharon cara a Santo Domingo. Trujillo recibiu a orde de someter a rebelión, mais cando os amotinados chegaron á capital o 26 de febreiro, non encontraron resistencia algunha. Ao saber o presidente Vásquez de que un dos ideólogos da insurrección era o xeneral Trujillo, e logo de suxerir a súa destitución como xefe do Exército, decidiu buscar unha saída negociada á crise para evitar o derramamento de sangue. Xa derrocado, Vásquez foi enviado ao exilio e o líder rebelde Rafael Estrella foi proclamado presidente interino cando Vásquez renunciou. Trujillo converteuse en candidato nas eleccións presidenciais de 1930, levando a Ureña como vicepresidente, en tanto que a outra candidatura presentaba a Federico Velásquez y Hernández e a Ángel Morales á presidencia e vicepresidencia, se ben renunciaron á súa candidatura, quedando Trujillo como única opción. A campaña electoral tivo lugar baixo un clima de terror producido por Trujillo e a súa banda paramilitar La 42, dirixida polo maior do exército Miguel Ángel Paulin, dedicada a perseguir, intimidar e matar. Mesmo os membros da xunta Central Electoral foron forzados a renunciar o 7 de maio, sendo substituídos por persoas que respondían á vontade de Trujillo. Gañou o 16 de maio, rexistrando oficialmente o 45 % dos votos; máis tarde descubriuse que só o 25 % dos votantes acudiran ás urnas, o que fixo pensar que foron unhas eleccións fraudulentas. Así, o 24 de maio de 1930 foron proclamados oficialmente Trujillo e Ureña presidente e vicepresidente do país, asumindo o poder o 16 de agosto.

Primeiro mandato 1930-1934 Xa en xuño dese mesmo ano a oposición organizouse para derrocar a Trujillo, pero o intento foi en van, terminando os opositores no exilio, entre eles Martín de Moya, Horacio Vásquez, Ángel Morales, Federico Velásquez, Alfredo Ricart, Cucho Álvarez Pina, Ángel María Soler, José Dolores Alfonseca, Luis F. Mejía, Leovigildo Cuello e Ramón de Lara.

O 3 de setembro de 1930, tres semanas despois de que Trujillo asumise o poder, o destrutivo furacán San Zenón golpeou Santo Domingo e deixou máis de 3.000 persoas mortas. Cos cartos de socorro da Cruz Vermella Americana, reconstruíuse Ciudad de Trujillo.

En marzo de 1931 o xeneral Desiderio Arias dimitiu do gabinete de Trujillo. Este último quedara sen oposición algunha, o que contribuíu a fortalecer a ditadura. En outubro Trujillo promulgou a Lei de emerxencias, mediante a cal o Estado dominicano suspendía o pago por concepto de amortización da débeda externa cos EUA, reduciu o gasto público con despedimentos masivos e redución de salarios, e diminuíu as importacións e equilibrou a balanza comercial. Ante posibles invasións por parte dos exiliados políticos, o 31 de decembro de 1931 Trujillo realizou un percorrido xunto ao seu Estado Maior polas provincias do país acompañado de militares do exército nacional.

O 26 de maio de 1933 foi nomeado «Xeneralísimo dos Exércitos Nacionais» polo Congreso Nacional.

Gabinete de goberno Secretario SecretaríaRafael Vidal TorresSecretaría da PresidenciaElías Brache (fillo)Xustiza, Institución Pública e Belas ArtesRoberto DespradelSecretaría de FinanzasAntonio JorgeSecretaría de Mariña e GuerraJacinto Bienvenido PeynadoSecretaría de Interior e PolicíaRafael César TolentinoSecretaría de Agricultura e ComercioJosé Manuel JimenesSecretaría de Fomentos e Obras PúblicasTeodulo Pina ChevalierSecretaría de Traballo e Comunicacións

Partido Dominicano

O Partido Dominicano achegou a maquinaria ideolóxica de soporte do réxime. Constituído oficialmente o 2 de agosto de 1931, foi, o único partido permitido durante o réxime, agás en contadas excepcións conxunturais. Mario Fermín Cabral foi o principal líder do Partido, que tiña por símbolo unha palma. O carné de membro do partido converteuse nun documento obrigado para todos os dominicanos maiores de idade e era necesario para a maioría das actividades cotiás como buscar emprego, e para saír do país.

Segundo mandato 1934-1938, reelección presidencial En febreiro de 1934 celebrouse unha convención para elixir a Trujillo novamente como presidente a través do Partido Dominicano. O 16 de maio tiveron lugar as eleccións nacionais con Trujillo como único candidato e sen ningunha oposición política. O 16 de agosto asumiu o poder por segunda vez, desta volta con Jacinto Bienvenido Peynado como vicepresidente.

Xenocidio de 1937: «Masacre del Perejil» Trujillo mostrou sempre preocupación pola inmigración haitiana á República Dominicana, levando a cabo unha política de discriminación no país, non tanto por motivos raciais como por factores políticos e económicos.

En outubro de 1933 viaxou a Haití para reunirse co seu presidente, Sténio Vincent. Trujillo propúxolle revisar o acordo anterior de 1929 con relación aos límites da fronteira dominico-haitiana. Vincent aceptou, e en marzo de 1936 ambos os dous presidentes asinaron o acordo, establecendo novos límites administrativos. A pesar das negociacións, os haitianos seguían entrando con pouco ou ningún control no territorio dominicano, chegándose ao punto de que o gourde, a moeda nacional haitiana, estaba a utilizarse máis cá propia moeda dominicana, o peso, para o pago de bens e servizos en zonas territoriais que chegaban até a poboación de Azua, no sur da nación.