A Anglo-Welsh Cup, (Copa Anglo-Galesa en galego), chamada LV = Cup por razóns publicitarias, é unha competición anual de rugby organizada pola Federación Inglesa de Rugby na que compiten os 12 clubs ingleses da Aviva Premiership e os 4 clubs galeses da Rabodirect Pro12.

O torneo comeza a principios de novembro e remata a finais de marzo. As datas nas que se disputan as semifinais e a final coinciden coas datas da disputa do Torneo das Seis Nacións, de xeito que os equipos adoitan ter ausencias destacables nas súas ringleiras.

Malia isto, o que fai que esta competición sexa atractiva para os seareiros e para os clubs participantes, é que o equipo gañador do torneo obtén unha praza para participar na tempada seguinte da Heineken Cup, a máxima competición continental.

Historia A competición orixinal comezou na tempada 1971/72 só entre clubs ingleses, e cun formato de eliminatorias directas. Foi o primeiro torneo oficial entre clubs existente en Inglaterra, e podían participar nel tódolos clubs do país. Hoxe o formato do torneo é moi diferente, e está formado por unha primeira fase de liga na que hai 4 grupos con 4 equipos en cada un, e unha segunda fase na que os primeiros de cada grupo xogan entre si as 2 semifinais e a final.

Por mor dos patrocinadores, o torneo tense coñecido con varios nomes: John Player Cup (1976-1988) Pilkington Glass Cup (1989-1997) Tetley's Bitter (1998-2000) Powergen Cup (2001-2005) EDF Energy Cup (2006-2009) LV Cup (2010-actual)

O formato de eliminatorias directas desapareceu cando se introduciu a participación dos 4 equipos profesionais de Gales, e que participaron por vez primeira no torneo na tempada 2005/06.

Os clubs que máis éxito tiveron nesta competición son Bath Rugby, con 10 vitorias en 11 finais, e Leicester Tigers, con 7 vitorias en 13 finais. Son os equipos con máis vitorias e tamén con máis presenzas na final.

O título da temporada 1981/82 foi compartido por Gloucester e Moseley que fixeron táboas a 12 na final.

Campións

AnoCampiónResultadoFinalista1972Gloucester17-6Moseley1973Coventry27-15Bristol1974Coventry26-6London Scottish1975Bedford28–12Rosslyn Park1976Gosforth23–14Rosslyn Park1977Gosforth27–11Waterloo1978Gloucester6–3Leicester1979Leicester15-12Moseley1980Leicester21-9London Irish1981Leicester22-15Gosforth1982Gloucester12-12Moseley1983Bristol28-22Leicester1984Bath10-9Bristol1985Bath24-15London Welsh1986Bath25-17London Wasps1987Bath19-12London Wasps1988Harlequins28-22Bristol1989Bath15-12Leicester1990Bath48-6Gloucester1991Harlequins25-13Northampton1992Bath15-12Harlequins

AnoCampiónResultadoFinalista1993Leicester23-16Harlequins1994Bath21-9Leicester1995Bath36-16London Wasps1996Bath16-15Leicester1997Leicester9-3Sale Sharks1998Saracens48-18London Wasps1999London Wasps29-19Newcastle2000London Wasps31-23Northampton2001Newcastle30-27Harlequins2002London Irish38-7Northampton2003Gloucester40-22Northampton2004Newcastle37-33Sale Sharks2005Leeds Carnegie20-12Bath2006London Wasps26-10Scarlets2007Leicester41-35Ospreys2008Ospreys23-6Leicester2009Cardiff Blues50-12Gloucester2010Northampton30-24Gloucester2011Gloucester34-7Newcastle2012Leicester26-14Northampton2013Harlequins32-14Sale

Estatística por club: ClubTítulosBath Rugby10Leicester Tigers7Gloucester Rugby5Newcastle Falcons4London Wasps3Harlequin FC3Coventry2Northampton Saints1Cardiff Blues1Saracens1Ospreys1London Irish1Leeds Carnegie1Bristol Rugby1Moseley1Bedford1

Véxase tamén Outros artigos Aviva Premiership Federación inglesa de rugby

Ligazóns externas Páxina oficial da competición

Categoría:Competicións de rugby Categoría:Competicións de clubs de rugby