Andrés Martínez García, coñecido como Pancho Martínez, nado en Rianxo o 30 de decembro de 1957 e finado na mesma vila o 24 de novembro de 2010, foi un actor, director de teatro e dramaturgo galego.
Traxectoria Iniciouse no teatro no Instituto de bacharelato en Padrón baixo a influencia do profesor e poeta Bernardino Graña. Comezou a traballar no teatro afeccionado e incorporase ao grupo teatral O Xeito, do Liceo Marítimo Rianxeiro, onde traballou como actor e director. Participou en montaxes como O cantar dos cantares, O ferreiro de Santán, Sinfraínín contra don Perfecto e A fiestra valdeira. Tamén escribiu e dirixiu As Américas dun labrego. Nesta etapa fundou a Semana de Teatro do Pobo, en Rianxo.
A finais da década de 1970 iniciouse no xornalismo en Santiago de Compostela, onde traballou na redacción de El Correo Gallego. Colaborou tamén en La Voz de Galicia, na Cadena SER, en Radio Arosa e Radio Pontevedra, e máis tarde na Radio Galega como redactor, locutor e reporteiro. Coincidindo coa creación da Radio Televisión de Galicia comezou no mundo do dobraxe no primeiro curso realizado en Santiago de Compostela.
En 1985 incorporouse ás produtoras CTV e Galaxia Comunicación, colaborando tamén con Olympus Comunicación. Participou como actor secundario en Urxa e na produción de Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro.
Como actor profesional participou en producións do Centro Dramático Galego como Ricardo III, O mozo que chegou de lonxe, Xelmírez e Rosalía.
En televisión participou en producións como Novo de Parmuíde, dirixida por Roberto Vidal Bolaño, Morosos Varios, Rías Baixas,Terra de Miranda, El comisario, Brigada Central e El camino de Santiago.
Arredor do ano 2000 regresou a Rianxo, onde continuou a súa actividade teatral e literaria. Nesta etapa publicou Sempre en Rianxo. O soño do barbeiro, peza inspirada en personaxes de autores rianxeiros: Os vellos non deben de namorarse, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, e A fiestra valdeira, de Rafael Dieste.
Escribiu igualmente O tempo do paxaro pinto, obra na que contaría coa participación de veciños de Rianxo e do grupo Grupo de Teatro Airiños para a interpretación. A peza estreouse postumamente en Rianxo en 2013 como homenaxe á súa figura.
Deixou tamén inédita a obra Os namorados do Castelo da Lúa.
Principais papeis Televisión Brigada Central (un episodio en 1989) Morosos Varios (1990) El Comisario (Telecinco, tres episodios en 2002Ficha persoal, IMDb) Rías Baixas Terra de Miranda Gondar (un episodio en 2009)
Teatro O mozo que chegou de lonxe (Centro Dramático Galego, dirixida por Mario Gas en 1988) Xelmírez ou a gloria de Compostela (Centro Dramático Galego, dirixida por Roberto Vidal Bolaño en 1999) Rosalía (Centro Dramático Galego, dirixida por Roberto Vidal Bolaño no 2001) Ricardo III (Centro Dramático Galego, dirixida por Manuel Guede no 2005)
Obras As Américas dun labrego Sempre en Rianxo. O soño do barbeiro (2008) O paxaro pinto (2010) Un apaixonado da escena , Galicia Hoxe, 25/11/2010 Os namorados do Castelo da Lúa (2010)''
Notas
Vida persoal Rexentaba ademais un coñecido restaurante en Rianxo, chamado Don Pancho.
Categoría:Actores de Rianxo Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Directores de teatro de Galicia Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Actores de dobraxe de Galicia Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Nados en 1957 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes