miniatura|O Palau del Parlament de Catalunya, sede do Parlament. O Parlamento de Cataluña (en ) é o órgano lexislativo da Generalitat de Cataluña, o máximo órgano de goberno catalán. É unha das institucións que forman a Generalitat de Catalunya, xunto coa Presidencia da Generalitat de Cataluña, o Consello Executivo ou Goberno, o Consello de Garantías Estatutarias, o Síndic de Greuges, a Tribunal de Contas e o Consello do Audiovisual de Cataluña.Llei Orgànica 6/2006, de 20 de juliol, de reforma de l'Estatut d'autonomia de Catalunya Representa ao pobo de Cataluña e exerce a potestade lexislativa, aproba os orzamentos da Generalitat e controla e impulsa a acción política e de Goberno.

Os primeiros antecedentes da institución remóntanse ó século XI. O Parlamento actual restabeleceuse no ano 1980. A súa composición debe ter entre 100 e 150 deputados, estando formado no presente por 135 deputados, que se elixen por sufraxio universal. As súas sesións celébranse no Palau del Parlament, no Parc de la Ciutadella de Barcelona.

A actual presidenta do Parlamento é Laura Borràs, que tomou posesión do seu cargo o 12 de marzo de 2021 en substitución de Roger Torrent.

Historia Cortes catalás (1283-1714) Establecidas en 1283, segundo Thomas Bisson, as Cortes catalás foron consideradas polos historiadores o verdadeiro modelo dun parlamento medieval. O historiador do constitucionalismo inglés Charles Howard McIlwain escribiu: "na definición de organización e regularidade de procedemento, nin o parlamento inglés nin os estados franceses poden compararse coas Cortes de Cataluña" do século XIV.

Os primeiros antecedentes da institución parlamentaria catalá remóntanse ao século XI, coas asembleas de Pau i Treva e a Corte Condal. Durante o reinado de Xaime I, a Corte Condal transformouse nas Cortes Xerais de Cataluña, institución que se consolidou nos reinados posteriores. As Cortes Xerais tiñan tres brazos: o brazo militar, que reunía os representantes da nobreza; o brazo eclesiástico, cos representantes da xerarquía relixiosa; e o brazo real, cos representantes dos municipios. Non obstante, amplos sectores da poboación non estaban representados na corte.

No século XIV, das Cortes Xerais xorde un organismo permanente, a Deputación do Xeneral ou Generalitat. Durante os séculos XVI e XVII, esta institución actuou como goberno de Cataluña, defendendo o sistema constitucional ante os monarcas da Casa de Austria, que gobernaban desde Madrid.

No século XVIII, despois da Guerra de Sucesión, o Decreto de Nova Planta aboliu calquera institución catalá de autogoberno.

Mancomunidade de Cataluña (1913-1925)

Non foi ata principios do século XX cando volveu a instaurarse un órgano de autogoberno catalán, a Mancomunidade de Cataluña (1913-1925), que foi abolida pola ditadura de Miguel Primo de Rivera.

Aínda que tiña soamente funcións administrativas e as súas competencias só abarcaban as deputacións provinciais, adquiriu unha grande importancia política, representando o primeiro recoñecemento por parte do estado español da personalidade e da unidade territorial de Cataluña dende 1714.

Estaba integrada por unha asemblea que reunía os 96 deputados de Cataluña nas Cortes españolas, e polo Consell, formado por oito consellers e o President. A súa acción política estivo rexida polo consenso entre as diferentes orientacións presentes, foran ou non catalanistas.

O Parlament republicano (1932-1939) En 1931 instituíuse a Generalitat de Cataluña e con ela o Parlament. As primeiras eleccións ao Parlament tiveron lugar o 20 de novembro de 1932 e a sesión constitutiva celebrouse o 6 de decembro. A guerra civil española significou novamente o fin do parlamento, en 1938.

O Parlament actual (1980-actualidade) O Parlament actual foi restaurado pouco despois que a Generalitat de Cataluña e legalizado formalmente coa aprobación do Estatut de 1979. As primeiras eleccións ao Parlament celebráronse o 20 de marzo de 1980 e a sesión constitutiva tivo lugar o 10 de abril do mesmo ano.

O 27 de outubro de 2017 aprobouse unha declaración unilateral de independencia (DUI) nunha votación secreta con 70 votos a favor, 10 en contra e 2 en branco, coa maioría da oposición ausente en protesta. A declaración foi anulada polo Tribunal Constitucional a causa dun recurso do Goberno de España.

Mesa do Parlamento A Mesa é o órgano reitor do Parlament, que representa á cámara e xestiona e goberna a institución.

Presidentes Durante a Segunda República Española o Parlament tivo tres presidentes: 1932-1933: Lluís Companys (ERC) 1933-1938: Joan Casanovas (ERC) 1938-1939: Josep Irla (ERC)

Despois da restauración da democracia, os presidentes da cámara foron: 1980-1984: Heribert Barrera (ERC) 1984-1988: Miquel Coll (UDC) 1988-1995: Joaquim Xicoy (UDC) 1995-1999: Joan Reventós (PSC) 1999-2003: Joan Rigol (UDC) 2003-2010: Ernest Benach (ERC) 2010-2015: Núria de Gispert (UDC) 2015-2017: Carme Forcadell (JxSí) 2018-2021: Roger Torrent (ERC) 2021-2022: Laura Borràs (Junts)

Sede A sede do Parlament é o Palau del Parlament de Catalunya, que se atopa no Parc de la Ciutadella da cidade de Barcelona. Foi construído no século XVIII e está declarado Ben cultural de interese local.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Parlament de Catalunya