O G.S. Olympia Larissa B.C. (en grego Ολύμπια Λάρισας, ás veces Olympia Larisas) é un club de baloncesto da cidade de Larissa (Grecia) que compite na cuarta categoría grega. O nome completo do club é Gymnastikos Syllogos Olympia Larissa Basketball Club e foi fundado en 1979, sendo un dos clubs deportivos máis novos de Grecia. As súas cores son o verde e o laranxa e xoga os seus partidos como local no Larissa Neapolis Arena, pavillón cunha capacidade para 4.000 espectadores. No 2009 fusionouse co AEL 1964.

Historia O club foi fundado en 1979. Tralo seu paso pola A2 Ethniki nos anos 90, conseguiu o ascenso á máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki, categoría na que na tempada 2006-07 logrou clasificarse para os play-offs polo título ao clasificarse no 7º posto na liga regular con xogadores como o antigo xogador da Universidade de Florida Matt Walsh]] ou os elixidos na 2ª rolda do Draft da NBA do 2007 Giorgos Printezis e Giorgos Tsiaras. Ao ano seguinte clasificouse novamente para o play-off ao clasificarse no 8º posto da liga regular.

No 2008 disputou por primeira vez unha competición internacional, a EuroChallenge, acadando o Top 16. Esa mesma tempada conseguiu chegar aos cuartos de final da Copa de Grecia. No 2009 fusionouse co AEL 1964.

Destacados Xogadores Dimos Dikoudis Sotiris Gioulekas Spiros Papavasileiou Kostas Totsios Nikos Ekonomou Giorgos Printezis Giorgos Tsiaras Fanis Koumbouras Kostas Charalampidis Nikos Kaklamanos Marios Batis Nestoras Kommatos - Franko Nakić Vladimir Krstic Aleksandar Radojevic Stephen Arigbabu Demond Greene Sven Schultze 20px Māris Ļaksa Tyrone Nesby Doremus Bennerman Erick Barkley Tyrone Grant Corey Belser Matt Walsh

Adestradores Nikos "Magic" Stavropoulos Vangelis Alexandris Giorgos Bartzokas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Eurobasket.com

Categoría:Equipos de baloncesto de Grecia