Gary Wayne Coleman, nado o 8 de febreiro de 1968 en Zion e finado o 28 de maio de 2010 en Provo, foi un actor estadounidense.

Traxectoria Coleman é coñecido polo seu papel de Arnold Jackson na comedia de situación Diff'rent Strokes (1978–1986) e pola súa pequena estatura de adulto, xa que naceu cunha enfermidade conxénita do ril que lle provocou nefrite, unha destrución autoinmune do ril, que detivo o seu crecemento a unha idade moi temperá, quedando en 1.42 metros. Coleman tivo dous transplantes de ril, un en 1973 e outro en 1984, para alén requiría diálise constante.

Durante os oito anos de emisión de Diff'rent Strokes Coleman foi unha figura popular, protagonizando varias longametraxes e telefilmes, como On the Right Track ou The Kid With the Broken Halo, este último serviu de base para que Hanna-Barbera producise a serie de animación O Show de Gary Coleman en 1982.

Notas

Categoría:Actores de Illinois Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Lake, Illinois Categoría:Nados en 1968 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana