Ramon Benito Martínez, nado en Tordera o 29 de agosto de 1974 é un adestrador e ex xogador de hóckey a patíns catalán que actualmente adestra ao Blanes Hoquei Club, equipo do que foi xogador e que compite na OK Liga. Como xogador ocupaba o posto de defensa.

Traxectoria Comezou a práctica do hóckey a patíns no CP Tordera, no que debutaría en 1993, logo de pasar un ano polo Blanes Hoquei Club. En 1996 fichou polo Club Patí Vic, converténdose nun dos referentes do equipo e co que conseguiu unha Copa do Rei en 1997.

A etapa máis exitosa da súa carreira comezou en 1999, ano no que ficha polo FC Barcelona da man de Carlos Figueroa. No equipo barcelonista ficou ata a tempada 2006-07, na que volveu ao Blanes HC, club no que xogou ata a súa retirada como xogador na tempada 2009-10 logo de chegar á final da Copa CERS esa mesma tempada e que agora adestra.

Equipos Como xogador Blanes HC: 1992-93 CP Tordera: 1993 a 1996 CP Vic: 1996 a 1999 FC Barcelona: 1999 a 2006 Blanes HC: 2006 a 2010

Como adestrador Blanes HC: 2010 ...

Palmarés CP Vic 1 Copa do Rei (1998-99)

FC Barcelona 5 Copas Continentais (2000-01, 2001-02, 2002-03, 2004-05 e 2005-06) 5 Copas de Europa (1999-00, 2000-01, 2001-02, 2003-04 e 2004-05) 1 Copa CERS (2005-06) 3 Copas Ibéricas (1999-00, 2000-01 e 2001-02) 2 Supercopas de España (2003-04 e 2004-05) 7 Ligas españolas (1999-00, 2000-01, 2001-02, 2002-03, 2003-04, 2004-05 e 2005-06) 4 Copas do Rei (1999-00, 2001-02, 2002-03 e 2004-05)

Blanes HC 2 Grup Tarradellas Cup''' (2006 e 2007)

Véxase tamén

Ligazóns externas Ramon Benito en hoqueipatins.cat

Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Cataluña Categoría:Adestradores de hóckey a patíns Categoría:Nados en Tordera Categoría:Nados en 1974 Categoría:Xogadores do FC Barcelona (hóckey a patíns)