"Into Your Arms" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo The Lemonheads, editada en 1993 como sinxelo do seu álbum Come on Feel the Lemonheads. Acadou o número 1 na lista da Billboard Modern Rock Tracks en novembro de 1993, e permaneceu nese posto nove semanas, un récord que nese tempo tiña U2, e que posteriormente sería batido por Oasis, Marcy Playground, Red Hot Chili Peppers e Foo Fighters. O tema conseguiu o posto 67 na lista Billboard Hot 100, a única aparición da banda nesa lista. Véxase tamén Ligazóns externas "Into your arms", vídeo musical de Youtube.

Categoría:Sinxelos de 1993 Categoría:Composicións musicais de rock alternativo