Julio Rodríguez Yordi, nado na Coruña o 7 de novembro de 1894 e finado na mesma cidade o 27 de setembro de 1967, foi un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego.

Traxectoria Foi fillo do lexicógrafo Eladio Rodríguez González. Estudou a carreira de Comercio na Escola de Comercio da Coruña. Dedicouse á literatura e ó xornalismo e desenvolveu tamén un labor empresarial.

Publicou as novelas Cristal y Sonrisa e La peña y la peña. Á súa morte publicáronse outras obras súas que estaban inéditas: Quenje en Conjo, Agenor, Haz de Ensayos, Rincón y esquina e Tren y andén, biografía y viografía. Colaborou asiduamente nos xornais El Orzán e El Noroeste.Biblioteca Municipal de Estudos Locais: Rodríguez Yordi, Julio

Ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 6 de outubro de 1955, a proposta de Ángel del Castillo, Leandro Carré Alvarellos, José Luís Bugallal Marchesi e Francisco Vales Villamarín, pronunciando o discurso Lo maternal en Emilia Pardo Bazán, respondido por Antonio Rey Soto.

En agosto de 2013 os seus fondos manuscritos foron doados á Real Academia Galega polo seu fillo.

Vida persoal Casou con María Luisa Durán Marquina.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Bugallal, Isabel: "Hacer un coruñés no es tan fácil" La Opinión Coruña, 24/10/2016 .

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Membros de honra da Real Academia Galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes