!!! (pronunciado coma chk chk chk) é unha banda estadounidense de dance-punk formada no outono de 1996 en Sacramento (Estados Unidos) polos antigos membros das bandas locais The Yah Mos, Black Liquorice e Popesmashers.
Historia Despois dunha xira xuntos, membros das bandas de Sacramento Black Liquorice e Popesmashers formaron !!!. O nome da banda foi inspirado polos subtítulos da película The Gods Must Be Crazy, na cal os sons dos chasqueos da boca dos bosquimáns representábanse coma "!". Porén, como a banda di na súa web: "!!! pronunciase repetindo tres veces calquera son monosílabo. Chk Chk Chk é a pronunciación máis común, pero poderían ser chamados Pew Pew Pew, Bam Bam Bam, Uh Uh Uh, crabs crabs crabs etc. A URL da súa páxina e o título do seu MySpace, porén, suxiren que "Chk Chk Chk" é a pronunciación preferida.
Baseados en Sacramento (California); Portland (Oregón); e Nova York, o seu traballo de debut publicouse no ano 2000 cun álbum autititulado lanzado polo selo Gold Standard Laboratories. A este seguiuno no 2003 o sinxelo "Me and Giuliani Down By the School Yard".
Un segundo traballo, Louden Up Now, foi editado a través da Touch and Go en América e da Warp Records en Europa en xuño do 2004. Un ano despois, no mes de xuño do 2005, !!! editou un EP versionando "Take Ecstasy With Me" de The Magnetic Fields, e "Get Up" de Nate Dogg. No mes de decembro, o batería orixinal da banda, Mikel Gius, foi atropelado e matado por un coche mentres paseaba en bicicleta. !!! editou o seu terceiro álbum, Myth Takes no ano 2007.
O vocalista e batería John Pugh deixou a banda en xullo do 2007 para concentarse na súa nova banda Free Blood. Shannon Funchess substituíu a Pugh durante a meirande parte da súa xira dese ano.
John Frusciante de Red Hot Chili Peppers presenciou un concerto da banda nos Ánxeles e convidounos como abreconcertos dos Chili Peppers durante a súa xira do 2006 polo Reino Unido.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo !!! 2001 Gold Standard Labs Louden Up Now 2004 Touch and Go/Warp Myth Takes 2007 Warp Records Strange Weather, Isn't It? 2010 Warp Records THR!!!ER 2013 Warp Records As If 2015 Warp Records Shake the Shudder 2017 Warp Records Wallop 2019 Warp Records Let It Be Blue 2022 Warp Records
EPs GSL26/LAB SERIES VOL. 2 – 1999 (Gold Standard Labs) compartido con Out Hud Live Live Live – 2004 (Beat Records) Take Ecstasy with Me/Get Up – 2005 (Touch and Go Records) Jamie, My Intentions Are Bass E.P. - 2010
Véxase tamén Lisgazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de dance-punk Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de post-punk revival Categoría:Grupos musicais de Sacramento Categoría:Grupos musicais formados en 1996