Sherlock é unha serie de televisión británica, que trata sobre unha actualización contemporánea das aventuras do detective Sherlock Holmes, creado por Arthur Conan Doyle. Está protagonizada por Benedict Cumberbatch como Holmes e Martin Freeman como o Dr. Watson. Una Stubbs interpreta a señora Hudson, e Rupert Graves é o Detective Inspector Lestrade.
Historia e características Producida por Hartswood Films para BBC de Gales, en coprodución coa WGBH de Boston para a súa serie de antoloxía Masterpiece. Foi creada por Steven Moffat e Mark Gatiss, que escribiron un episodio cada un. Paul McGuigan dirixiu o primeiro e o terceiro episodio; Euros Lyn dirixiu o segundo, que foi escrito por Stephen Thompson.
A rodaxe tivo lugar en varios lugares, incluíndo Londres e Cardiff. A primeira tempada, de tres episodios, foi transmitida na BBC One e BBC HD, en xullo e agosto de 2010. A recepción crítica foi positiva. Estes episodios, conxuntamente co capítulo piloto non emitido, foron lanzados en DVD e Blu-ray no Reino Unido o 30 de agosto de 2010. Unha segunda tempada de tres episodios duns 90 minutos está programada para ser transmitida no outono de 2011.
Personaxes miniatura|esquerda|Benedict Cumberbatch como Sherlock Holmes. Benedict Cumberbatch foi seleccionado para interpretar a Sherlock Holmes. «"Cumberbatch", di The Guardian, "ten unha reputación de xogo e de home brillante, e o seu Holmes é frío, afeccionado á tecnoloxía e un pouco asperger."» Cumberbatch di: «"Hai unha gran carga que recibo por interpretalo, porque o volume das palabras na súa cabeza e a velocidade do pensamento... Realmente tes que facer as conexións incriblemente axiña. El vai un paso por diante da audiencia e dos que están ó seu redor con intelixencia normal. Eles non poden entender moi ben onde o leva a súa mente".» Para o papel, aprendeu algunhas técnicas co violín, tales como a forma correcta de soster o arco. O papel do detective inspirou a Cumberbatch a analizar as características das persoas e o seu comportamento: «"Non podes deixar de botar un ollo arredor e pensar sobre as persoas... Non o podo evitar. Que será esa sangría nun anel de voda, a dinámica das familias. A xente, nun momento de illamento, une os cabos de certas cousas. É un súper poder alcanzable."»Piers Wenger, Xefe de Arte Dramática da BBC Gales, describe o personaxe do mesmo nome como «"Un superhome dinámico nun mundo moderno, un detective arrogante, o xenio impulsado polo desexo de demostrar que é máis intelixente que o autor do delito e a policía... Que todo o mundo, de feito."» Para abordar o cambio de actitudes sociais e os regramentos de radiodifusión, o Holmes de Cumberbatch substituíu a clásica pipa por múltiples parches de nicotina.
Nunha entrevista con The Observer, o co-creador Mark Gatiss di que tiveron máis dificultades para encontrar o actor adecuado para desempeñar ó Dr. John Watson. A produtora Sue Vertue di: «"Benedict foi a única persoa que realmente vin para Sherlock... Unha vez que Benedict estaba alí era simplemente asegurarse de que tiña química con John Watson... e creo que a conseguen en canto entran na habitación, pódese ver que poden traballar xuntos."» Steven Moffat lembra que Matt Smith foi a primeira persoa que audicionou, sen éxito, para o papel de Watson. A caracterización de Smith na audición era demasiado "tola", máis apropiado para Holmes, e os produtores exixiron algo máis da persoa "recta" de Watson. P
miniatura|esquerda|Martin Freeman como o Dr. John Watson. Martin Freeman foi elixido finalmente como Watson. Os guionistas dixeron que a audición de Freeman desenvolveu a forma en que Cumberbatch interpretou a Holmes. A xornalista Victoria Thorpe dixo «"Freeman é confiable, un Watson capaz abre este moderno Holmes, un home que agora se describe como 'un alto nivel de funcionalidade sociópata'."» Gatiss afirma a importancia de acadar o ton correcto para o personaxe. «"É importante que Watson non sexa un idiota, se ben é certo que Conan Doyle sempre o deixou fóra do xogo", dixo Gatiss. "Porén, só un idiota podería rodearse de idiotas."» Noutra observación, o Miami Herald sinala que a encarnación de Freeman parece máis brillante que a versión interpretada por Nigel Bruce na década de 1940.
Algúns diálogos do primeiro episodio suxiren que nesta versión moderna, o personaxe de Sherlock Holmes é homosexual. Por exemplo, Holmes responde á pregunta de Watson sobre o seu estado de relación con "Moza? Non, non é a miña área". A súa caseira, aparentemente cre que son unha parella, informándolles "Hai outro cuarto enriba... É dicir, se precisan máis dun". Steven Moffat negou calquera relación sexual implícita entre os dous, mentres que Cumberbatch di que «"Aluden á idea de que pode haber un "malentendido" doutras persoas que pensan que somos unha parella."» Moffat continuou: «"E que o de dous homes investigando xuntos, convivindo xuntos... neste bonito mundo moderno leva á xente a dicir 'Oh, son parella?'. E iso é bo. Pensei que o mundo cambiara, non hai desconformidade. Canto se civilizou o mundo."»
Rupert Graves foi elixido como o Detective Inspector Lestrade. Os guionistas referíronse ó personaxe como "Inspector Lestrade" durante o desenvolvemento ata que Gatiss se decatou de que no mundo moderno o personaxe tería que ter o título de "Detective Inspector". Moffat e Gatiss sinalan que Lestrade non aparece moi a miúdo nas novelas e é bastante inconsistente nelas. Decidiron ir á versión que apareceu en The Adventure of the Six Napoleons: El é un home que se sente frustrado por Holmes, pero que o admira, e que Holmes considera como o mellor detective en Scotland Yard. Varios actores audicionaron para o papel dun xeito cómico. O equipo creativo apreciou a seriedade que Graves presentou para o papel. Andrew Scott revelouse como James Moriarty en "The Great Game". Moffat di: «"Sabíamos o que queríamos facer con Moriarty dende o principio. Moriarty acostuma ser un poco aburrido, un malvado elegante, así que pensamos en alguén verdadeiramente arrepiante. Alguén que sexa un psicópata absoluto."» Moffat e Gatiss, orixinalmente, non ían a poñer unha confrontación entre Moriarty e Sherlock nestes tres episodios, pero logo viron que «"Tiña que haber unha escena de confrontación. Tivemos que facer unha versión da escena de The Final Problem'' na que os dous arque-inimigos se coñecen entre sí.
Episodios #Título en galego (enriba)Título orixinal (embaixo)Data de emisiónDirector
Premios e nomeamentos Premios Primetime Emmy Ano Categoría Resultado2011Mellor guión nunha miniserie, película ou especial dramáticoNomeada Nomeada a 8 premios BAFTA Mellor serie británica
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Serie
Categoría:Series de televisión da BBC Categoría:Sherlock Holmes Categoría:Series de televisión en lingua inglesa