Jason Toop Cooper, nado o 30 de xaneiro de 1967 en Londres, é un músico inglés coñecido sobre todo polo seu traballo coa banda The Cure.

Traxectoria Jason uniuse a The Cure como batería no ano 1995, despois da saída en 1993 de Boris Williams. Ata o momento, gravou nos álbums de estudio Wild Mood Swings, Bloodflowers, The Cure e 4:13 Dream. Tamén aparece en Trilogy e Festival 2005.

Tamén compón música para películas, e destaca a composición para From Within, que fixo con Oliver Kraus, e que gañou o premio ao mellor score orixinal no Solstice Film Festival do 2008.

Categoría:Baterías Categoría:Nados en Londres Categoría:Músicos do Reino Unido Categoría:Nados en 1967 Categoría:The Cure