miniatura|Competición da clase pampus na Kaagweek de 2004 A kaagweek é unha competición de vela que se celebra nos Países Baixos, nos Kagerplassen, organizada pola Koninklijke Watersportvereniging "De Kaag" desde 1918De Vrijheid:Kalendarie, é a competición de vela máis antiga no país de duración semanalKaagweek op het water Webregio.nl 25/6/2009.
Desenvolvemento A competición organízase en varias clases: yawl de 12 pés, cadet, láser, optimist, pampus, regenboog, splash, valk e yngling, ademais o sábado, domingo e martes tras a celebración das carreiras celébrase unha competición entre os equipos de Frisia e Holanda na clase regenboog. Tradicionalmente abre a competición o Comisario da Raíña quen con motivo de ocasións especiais pode delegar como acontenceu en 2008 cando delegou no alcalde de Alkemade, onde ten a súa sede a asociación convocante xa que ao ano seguinte ía desaparecer como entidade municipal ao se integrar con Jacobswoude no novo concello de Kaag en Braassem.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
24 Uurs Zeilrace Bontekoerace
Ligazóns externas
Web oficial
Categoría:Competicións de vela