miniatura|260px|Argerich, 2015. Martha Argerich, nada en Buenos Aires o 5 de xuño de 1941, é unha pianista arxentina de música clásica, considerada un dos maiores expoñentes da súa xeración e da posguerra. Especialmente celebrada polas súas interpretacións de Chopin, Liszt, Bach, Schumann, Ravel e Prokofiev.

Traxectoria Martha Argerich naceu en Buenos Aires o 5 de xuño de 1941. Comezou a estudar piano dende moi pequena, e no 1945, con só catro anos de idade deu o seu primeiro recital público. No seu primeiro concerto formal aos oito anos de idade, interpretou o Concerto para piano opus 15 de Beethoven, e comezou a estudaar con Vicente Scaramuzza, tamén mestre -entre outros- de Bruno Gelber.

No ano 1955 o Presidente arxentino Juan Domingo Perón enviou ó seu pai como agregado económico da embaixada en Viena para que Martha tivese a mellor educación musical posible. Alí estudou con Friedrich Gulda, e máis tarde, en Xenebra, con Madeleine Lipatti e Nikita Magaloff.

Argerich casou tres veces: a primeira con Robert Chen, pai da súa filla máis vella, Lyda. Dende 1969 a 1973 estivo casada co director de orquestra Charles Dutoit, que continúa facendo gravacións e concertos coa pianista, e con quen tivo a súa segunda filla, Annie. O seu terceiro marido foi o pianista Stephen Kovacevich, pai da súa terceira filla, Stephanie.

Un dos seus amigos máis próximos é o pianista brasileiro Nelson Freire, que a acompaña frecuentemente en dúos de piano.

Argerich reside habitualmente en Bruxelas.

A súa relativa aversión á prensa e á publicidade mantivérona fóra do primeiro plano dos medios durante a maioría da súa carreira profesional. Deu poucas entrevistas e en consecuencia pode non ser tan coñecida como outros pianistas de relevancia similar. Aínda así, é recoñecida como unha das grandes virtuosas do piano do noso tempo.Stanley Sadie (Ed.) (1981). The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Londres: Macmillan. ISBN 0-333-23111-2.

Carreira profesional En 1957, gañou dous prestixiosos concursos de piano con tres semanas de diferenza. Máis tarde, en 1965 obtivo o primeiro premio no Concurso Internacional de Piano Frédéric Chopin, recoñecida polas súas interpretacións de Chopin e Liszt.

En varias reportaxes, Argerich remarcou o seu sentimento de soidade no escenario durante a interpretación, e -quizais por iso- realizou moi poucos recitais de piano solista despois de 1980, centrándose en concertos para piano e orquestra, música de cámara e acompañamento instrumental en sonatas.

Foi recoñecida especialmente polas súas interpretacións de compositores clásicos do século XX, tales como Rachmaninov, Messiaen e Prokofiev. Unha das súas gravacións máis notables reúne o Concerto para piano n.º 3 de Rachmaninov co Concerto para piano n.º 1 de Tchaikovsky.

Obtivo tres premios Grammy, nos anos 2000, 2005 e 2006.

Anualmente no Teatro Colón de Buenos Aires lévase a cabo o Festival Martha Argerich, no cal se ofrecen concertos por músicos e intérpretes de diferentes partes do mundo, e ademais celébrase un concurso de piano no cal Argerich a miúdo preside o xurado.

Premios e recoñecementos 1965 - Premio internacional Competición de piano Frederick Chopin, primeiro premio. 1989 - Premio Konex de Platino, mellor pianista da década (1980-1989). 1999 - Premio Konex de Brillante, personalidade máis destacada da música clásica da década (1990-1999) 2000 - Premio Grammy ao mellor solista instrumental con acompañamento de Orquestra: Charles Dutoit (director), Martha Argerich e a Orquestra sinfónica de Montreal por Prokofiev: Conceerto para piano n.º 1 e Concerto para piano n.º 3 e Bartók: Concerto para piano n.º 3'' 2005 - Premio Grammy á mellor interpretación de música de cámara: Martha Argerich e Mikhail Pletnev por Prokofiev (Arr. Pletnev): Cenicienta Suite para dous pianos e Ravel: Ma Mere L'Oye. Premio Asociación Xaponesa das Artes."Premio en Japón ", Diario Clarin de Buenos Aires, 18 de outubro de 2005 . 2006 - Premio Grammy ao mellor solista instrumental con acompañameento de Orquestra: Claudio Abbado (director), Martha Argerich e a Orquestra de Cámara Mahler por Beethoven: Concertos para piano n.º 2 e 3.

Referencias discográficas Great Pianists Of The 20th Century. Philips (456 700-2). Sinfónica de Londres, Filharmónica de Berlín, Sinfónica da Radio de Berlín. Directores: Abbado, Chailly. Volumen 2: Bach, Liszt, Ravel, Prokofiev e Rachmaninov. Volumen 3: Chopin, Schumann e Liszt. Colección completa: piano solo: Chopin, Bach, Schumann, Liszt, Brahms, Ravel,Prokofiev. Dous Pianos: Tchaikovski, Rachmaninov. Concertos: Beethoven, Chopin, Chaikovski, Schumann, Liszt, Prokofiev Ravel. Philharmonia, National Symphony, Royal Philharmonic, Sinfónica de Londres e Filharmónica de Berlín. Sinopoli, Rostropovich, Dutoit, Abbado. 11 Discos compactos Deutsche Grammophon (453 566-2) Chopin: Sonata en si menor. Mazurkas, op. 59. n.º 1-3. Scherzo en do sostido menor, op. 39. Polonesa en la bemol maior, op. 53. Emi (7243 5 56805 2 5). Chopin: Concertos. Sinfónica de Montreal. Dir:Dutoit. Emi (7243-5-56798-2-6). Shostakovich: Concerto n.º 1. Haydn: Concerto. Orquestra de cámara de Würtemberg. Dir:Faerber. Deutsche Grammophon (439 8642). Chopin: Concerto n.º 1. Scherzo n.º 3. Filharmónica Nacional de Varsovia. Dir: Rowicki, Laserlight (14 168). Tchaikovski: Concerto n.º 1. Sinfónica da Radio de Baviera. Kondraschin. Philips (446 673-2). Rachmaninov: Concerto n.º 3. Sinfónica da Radio de Berlín. Dir.Chailly. Schumann: Concerto. Orquestra Nacional de Francia, Dir.Celibidache. Artists Fed (012).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Bellamy, Olivier. Martha Argerich : L'enfant et les sortilèges (Broché) ISBN 2283023467

Ligazóns externas Biografía en Pianored Comentario sobre Martha Argerich, conversación nocturna Proyecto Martha Argerich Biografía e revisión de discos compactos

Categoría:Pianistas Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nenos prodixio