Os gádidos (familia Gadidae) son peixes mariños da orde Gadiformes. Inclúe especies de grande importancia comercial coma o bacallau, burro, merlán, abadexo ou a faneca, e constitúe a segunda familia, despois dos clupeidos, en volume mundial de pesca..

O nome procede do latín gadus, nome dun peixe indeterminado, probabelmente un gadiforme,P. Romero: An etymological dictionary of taxonomy, Madrid 2002 e este do grego antigo γάδος gádos, co mesmo significado.Merriam-Webster's Unabridged Dictionary.

Aparecen por primeira vez no rexistro fósil no Oligoceno, a metade do Era Terciaria L. S. Berg: System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische, VEB Verlag der Wissenschaften, Berlín, 1958..

Anatomía Son todos peixes fusiformes, con tres aletas dorsais e dúas anais, todas elas sen espiñas, coa base das aletas pelvianas por diante das pectorais. Presentan dentes no óso vómer da boca e adoitan ter barbas na queixada inferior. Alcanzan tamaños máximos de ata 2 m no caso do Gadus morhua.

Hábitat e forma de vida Os membros desta familia distribúense fundamentalmente polas zonas circumpolares e augas temperadas, principalmente no hemisferio norte.

A maioría das especies son bentopeláxicas e aliméntanse doutros peixes e invertebrados. Resulta común que os exemplares xuvenís se agrupen en grandes bancos que migran longas distancias.

Taxonomía Considérase que a familia Gadidae divídese nun total de 24 especies válidas, agrupadas en 13 xéneros (FishBase): Xénero Arctogadus (Dryagin, 1932) Arctogadus borisovi (Dryagin, 1932) - Bacallau do leste siberiano Arctogadus glacialis (Peters, 1872) - Bacallau do Ártico. Xénero Boreogadus (Günther, 1862) Boreogadus saida (Lepechin, 1774) - Bacallau polar. Xénero Eleginus (Fischer, 1813) Eleginus gracilis (Tilesius, 1810) - Bacallau do Ártico. Eleginus nawaga (Koelreuter, 1770) - Bacallau navaga. Xénero Gadiculus (Guichenot, 1850) Gadiculus argenteus (Guichenot, 1850) - Faneca prateada. Gadiculus argenteus argenteus (Guichenot, 1850) Gadiculus argenteus thori (Schmidt, 1914) Xénero Gadus (Linnaeus, 1758) Gadus macrocephalus (Tilesius, 1810) - Bacallau do Pacífico. Gadus morhua (Linnaeus, 1758) - Bacallau común ou Bacallau do Atlántico. Gadus ogac (Richardson, 1836) - Bacallau de Groenlandia. Xénero Melanogrammus (Gill, 1862) Melanogrammus aeglefinus (Linnaeus, 1758) - Fogueiro ou Burro Xénero Merlangius (Geoffroy, 1767) Merlangius merlangus (Linnaeus, 1758) - Bacalada, merlán ou sarreta Xénero Microgadus (Gill, 1865) Microgadus proximus (Girard, 1854) Microgadus tomcod (Walbaum, 1792) Xénero Micromesistius (Gill, 1863) Micromesistius australis (Norman, 1937) - Lirio austral. Micromesistius poutassou (Risso, 1827) - Lirio. Xénero Pollachius (Nilsson, 1832) Pollachius pollachius (Linnaeus, 1758) - Abadexo. Pollachius virens (Linnaeus, 1758) - Faneca prateada. Xénero Raniceps (Oken, 1817) Raniceps raninus (Linnaeus, 1758) - Bertorella anana. Xénero Theragra (Lucas, 1898) Theragra chalcogramma (Pallas, 1814) - Abadexo e Alasca. Theragra finnmarchica (Koefoed, 1956) - Abadexo de Noruega. Xénero Trisopterus (Rafinesque, 1814) Trisopterus esmarkii (Nilsson, 1855) - Faneca norueguesa. Trisopterus luscus (Linnaeus, 1758) - Faneca Trisopterus minutus (Linnaeus, 1758) - Fodón.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Fish Base

Categoría:Gadiformes