The Locust é unha banda estadounidense procedente de San Diego (California) coñecida pola mestura única da velocidade e agresividade do grindcore, a complexidade do mathcore e as rarezas do new wave.

A banda formárona en 1994 Justin Pearson, Bobby Bray, Dylan Scharf, Dave Warshaw e Dave Astor. Despois de varios cambios na formación, no ano 2001 chegaron ao cuarteto que conforman na actualidade.

Orixinalmente foi unha banda de powerviolence cunha forte tendencia cara ás pasaxes baseadas en sintetizadores, pero foron cambiando o seu antigo son, mantendo as fortes distorsións, os sintetizadores, as voces berradas e unha intensa presenza no escenario.

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo The Locust 1998 Gold Standard Laboratories Plague Soundscapes 2003 ANTI- New Erections 2007 ANTI-

EPs Álbum Ano Selo The Locust 1997 Gold Standard Laboratories Flight of the Wounded Locust 2001 Gold Standard Laboratories Well I'll Be a Monkey's Uncle 2002 Gold Standard Laboratories Follow the Flock, Step in Shit 2003 Three One G Safety Second, Body Last 2005 Radio Surgery

Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de powerviolence Categoría:Grupos musicais de mathcore Categoría:Grupos musicais de grindcore Categoría:Grupos musicais de San Diego