A sección de balonmán da Sociedad Deportiva Cultural San Antonio ou AMAYA Sport San Antonio, por motivos de patrocinio, é un equipo de balonmán de Pamplona, Navarra, que actualmente compite na Liga ASOBAL. O club fundouse en 1955.

Historia A tempada 1971-72 foi decisiva para o club pamplonés. O 19 de marzo de 1972 o San Antonio logrou o primeiro ascenso á División de Honra e o 9 de abril proclamouse Campión de España de Primeira División (no encontro ante o Roca Gava que os de Pamplona gañaron por 20-23).

A tempada 79-80 foi unha das máis negras da súa historia deportivamente falando. Ángel Hermoso de Mendoza adestraba aquel ano o equipo patrocinado por Ronkari, que perdeu a categoría na última xornada (Covadonga 25 - San Antonio 22). Non foi ata o 28 de maio de 1989 cando o club conseguiu o ascenso á División de Honra "A" en Pamplona, no Pavillón Arrosadia, contra o Ciudad Real dirixido por Zupo Equisoain. Co nome de Mepamsa San Antonio estivo catro tempadas na Liga ASOBAL, e renunciou á máxima categoría por problemas económicos o 23 de xullo de 1993.

Tras dous anos na División de Honra B, o Ariston San Antonio obtivo en Oviedo o ascenso á Liga ASOBAL. Dirixido por David García, gañaron ao Ciudad de Naranco por 19-24. Durante estas dúas tempadas, o serbio Goran Dzokic foi o máximo goleador do equipo e un xogador decisivo na historia do club.

Entre 1995 e 1997, Seguros Lagun Aro encargouse de lle ofrecer a tranquilidade económica ao club. Porén, foi a entrada de Cementos Portland en 1997 o que trocou o futuro do club, que en 1998 comezaría un ascenso fulgurante ao finalizar a Liga ASOBAL na segunda posición e disputar a final fronte ao FC Barcelona, na que perdeu por 35-27, 32-20 e 25-29.

O 14 de febreiro de 1999 o Portland San Antonio conquistou o seu primeiro título ao gañar a Copa do Rei ao FC Barcelona por 32-29 no Polideportivo Pisuerga de Valladolid.

O 30 de abril do 2000 chegou o primeiro título continental do equipo navarro ao conquistar a Recopa de Europa ante o Dunaferr húngaro, tras gañar no partido de ida disputado en Pamplona por 28-19, e perder en Hungría por 26-20. Un ano despois, o equipo navarro levou outro novo título continental ás súas vitrinas, desta vez a máxima competición do balonmán europeo, a Copa de Europa, logo de manter no Palau Blaugrana a vantaxe conseguida en Pamplona (30-24) fronte ao FC Barcelona, malia perder por 25 a 22 na volta disputada en Barcelona.

2001 foi sen dúbida o ano máis exitoso da sección de balonmán, xa que conseguiu gañar dous títulos máis. O 16 de setembro o San Antonio logrou a Supercopa de España, derrotando o Caja España Ademar, que caeu por 26-24 en Pamplona. O 27 de maio xa gañara por segunda vez na súa historia a Copa do Rei, disputada fronte ao Ciudad Real, que xogaba na casa e chegaba por primeira vez á final.

O 9 de maio do 2002 chegou o primeiro título de Liga ao palmarés do equipo navarro; o título que máis se lle resistira supuxo o broche de ouro á tempada. Ese mesmo ano chegaría a segunda Supercopa de España logo de vencer o Ademar por 33 a 27.

Na tempada 2003-04 chegou un novo título europeo logo de venceren ao BM Valladolid na final da Recopa de Europa por 30-31 en Valladolid e 30-26 en Pamplona.

Os dous últimos títulos do club navarro chegaron no 2005, cando gañou a súa segunda liga por diante do Ciudad Real e, máis tarde, a súa terceira Supercopa de España, logo de gañar, como xa ocorrera na Recopa de Europa, ao Balonmán Valladolid na final por 29-27 en Málaga.

Palmarés Liga ASOBAL: 2 títulos Campión: 2001-02 e 2004-05 Subcampión: 1997-98, 1999-00 e 2006-07 Copa do Rei: 2 títulos

Campión: 1998-99 e 2000-01 Subcampión: 1997-98 Supercopa de España: 3 títulos Campión: 2001-02, 2002-03 e 2005-06 Subcampión: 1999-00 Copa ASOBAL Subcampión: 1999-00, 2000-01, 2001-02, 2004-05, 2005-06 e 2006-07 Copa de Europa: 1 título Campión: 2000-01 Subcampión: 2002-03 e 2005-06 Recopa de Europa: 2 títulos Campión: 1999-00 e 2003-04 Supercopa de Europa: 1 título Campión: 1999-00 Subcampión: 2001-02

Tódolos títulos foron acadados polo club baixo a dirección do navarro e canteirán Zupo Equisoain.

O gran artífice do éxito do San Antonio baixo a súa xestión como presidente foi Fermín Tajadura, xa finado.

Cadro de xogadores da tempada 2010-2011 1 Radivoje Ristanovic 2 20px Vasko Sevaljevic 3 Gedeón Guardiola 4 Javier Borragán 5 Niko Mindegía 6 Arkaitz Vargas 9 Javier Humet  10 Ibai Meoki 11 Víctor Álvarez 12 Herdeiro Lucau 13 Santiago Urdiales 14 Eloy González 15 Adrián Crowley 19 David Rasic 88 Alberto Aguirrezabalaga

Adestrador : Juanto Apezetxea

Patrocinadores 1968-1969: Kaiku, Primeira División, dúas tempadas. 1971-1972: Werner, Primeira División, unha tempada. 1972-1977: Schweppes, División de Honor, cinco tempadas. 1977-1978: Sen patrocinio, División de Honor, unha tempada. 1978-1979: Reynolds, División de Honor, unha tempada. 1979-1980: Ronkari, División de Honor, unha tempada. 1980-1981: Chistu, Primeira División, unha tempada. 1981-1982: Berberana, Primeira División, unha tempada. 1982-1983: Vinos de Navarra, Primeira División, unha tempada. 1983-1984: Garsa, Primeira División, unha tempada. 1984-1987: Larios, Primeira División, tres tempadas. 1987-1989: Espárragos de Navarra, 1ª División, dúas tempadas. 1989-1993: Mepamsa, Div. Honor, (ASOBAL), catro tempadas. 1993-1994: Proedina, Primeira División, unha tempada. 1994-1995: Ariston, Primeira División B, unha tempada. 1995-1997: Lagun Aro, División de Honor, (ASOBAL), dúas tempadas. 1997-2008: Cementos Portland, División de Honor, (ASOBAL), nove tempadas. 2009-2010: Reyno de Navarra, División de Honor, (ASOBAL) , unha tempada. 2009-actualidade: Amaya Sport, División de Honor, (ASOBAL).

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do club

San Antonio Categoría:Deporte en Pamplona