Anal Cunt, tamén coñecida coma AxCx e A.C. por razóns da censura, foi unha banda estadounidense de grindcore, formada en Newton (Massachusetts) en 1988. Dende a súa aparición, o grupo tivo un bo número de cambios na formación, sendo o vocalista Seth Putnam o único membro que estivo sempre no grupo, que se desfixo trala súa morte en 2011. Coñecidos polo seu estilo grindcore e as súas controvertidas letras, Anal Cunt editou oito álbums de estudio ademais de varios recompilatorios e EPs.

A banda foi categorizada como grindcore, noisecore e hardcore. Acotío refírense a ela polas súas iniciais A.C. (ás veces escrito coma AxCx) debido á natureza ofensiva do seu nome e pola censura nalgunhas radios e publicacións, e en moitas das súas portadas só aparecen estas iniciais. Porén, a banda logrou subverter esta abreviatura debuxando esas letras como un ano e unha vulva. O seu primeiro material consistía en letras ou música non escritas anteriormente. A banda desenvolveu un estilo que consistía nun son extremadamente alto, rápido e agresivo que era creado no momento. Cos anos, a banda cambiou o seu estilo, e aos poucos comezou a incorporar máis riffs e letras pre-compostas aos temas. Non foi ata entón cando a banda gañou a súa reputación internacional de escandalosos e ofensivos.

Discografía Everyone Should Be Killed (1994) Top 40 Hits (1995) 40 More Reasons to Hate Us (1996) I Like It When You Die (1997) Picnic of Love (1998) It Just Gets Worse (1999) Defenders of the Hate (2001) 110 Song CD (2008) Fuckin' A (2010)

Categoría:Grupos musicais de grindcore Categoría:Grupos musicais de Massachusetts Categoría:Grupos musicais formados en 1988 Categoría:Grupos musicais separados en 2001 Categoría:Grupos musicais reunidos en 2003