miniatura|dereita|Regata do campionato SKS en Earnewâld amosando o Twee Gebroeders coa marca E na vela e o Súdwesthoek coa marca SWH A Sintrale Kommisje Skûtsjesilen (SKS) é unha organización frisoa creada en 1945 que ten como principal labor a organización dun campionato anual do mesmo nome no que compiten skûtsje, veleiros tradicionais de Frisia.

Desenvolvemento As competicións de skûtsje desenvolvéronse ao longo do século XIX, xeralmente en épocas nas que os mariñeiros tiñan pouco traballo, pero a partir de 1850 os skûtsje entran en decadencia e máis aínda coa chegada dos barcos de petróleo, con todo subsistían competicións de skûtsje organizadas localmente, a partir da creación da SKS vai regular o desenvolvemento dunha competición central aínda que a organización de cada unha das regatas corre a cargo de comités locais. O campionato da SKS ten lugar nas dúas primeiras semanas da Bouwvakvakantie, período de vacacións nos Países Baixos no que pechan as industrias da construción.

Día Saída na 1ª semana Saída na 2ª semana sábadoGrouStarum lunsDe FeanhoopWâldsein martesEarnewâldEalahuzen mércoresTerherneDe Lemmer xovesLangwarDe Lemmer venres<small>descanso<small>Snitser Mar

Participantes na SKS

Desde 1979 participa un grupo fixo de 14 skûtsje no campionato, trece pertencentes a comités locais e un que en orixe era privado e despois pasou a depender dunha fundación, o d'Halve Maen. Esta decisión de establecer un número fixo creou malestar en certos sectores e en protesta creouse outra organización, a Iepen Fryske Kampioenskippen Skûtsjesilen.

Lugar || bgcolor=DDDDDD |Nome Ano de construción || bgcolor=DDDDDD |Sinal na vela Boalsert Bolsward 1910 B (que contén un P e un M) Drachten Twee Gebroeders 1913 D Drachten d'Halve Maen 1912 Lúa crecente Earnewâld Twee Gebroeders 1930 E Grou Doarp Grou 1909 G It Hearrenfean Gerben van Manen 1915 H Huizum It Doarp Huzum 1916 M sobre un L De Jouwer Oeral Thús 1923 J Langwer Ut 'e Striid 1915 cisne Ljouwert Rienk Ulbesz 1915 león De Lemmer Lemster Skûtsje 1930 L Snits Sneker Pan 1913 Waterpoort Starum Súdwesthoek 1923 SWH Wâldsein Klaas van der Meulen 1911 W

Véxase tamén

Outros artigos

Sneekweek

Ligazóns externas

Web oficial

Categoría:Competicións de vela