Xesús Fernández González, nado en ChantadaAínda que Couceiro Freijomil di que naceu en Lugo, o resto dos seus biógrafos e as novas da prensa confirman que era natural de Chantada. en 1870 e finado en Santiago de Compostela o 28 de xaneiro de 1928,El Compostelano, 28-1-1928, p. 3. foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria Foi sarxento no Batallón Cazadores de La Habana. Colaborou en Gaceta de Galicia e dirixiu en 1900 Las Riberas de Chantada.Gaceta de Galicia, 12-1-1900, p. 2. Secretario do Círculo Católico de Obreros de Chantada en 1905,El Norte de Galicia, 19-8-1905, p. 2. foi propagandista do deputado Javier García de Leaniz. Colaborou en El Norte de Galicia, El Regional, La Región e Letras Regionales e foi redactor e administrador de El Eco de Santiago. Foi oficial do Concello de Redondela; funcionario de educación, traballou como oficinista na Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela. Cando pechou en setembro de 1924, foi destinado á Escola Normal de Valladolid, aínda que ao mes seguinte foi agregado á Secretaría da Universidade de Santiago de Compostela.El Pueblo Gallego, 8-10-1924, p. 10. En 1921 gañou o certame literario na honra de Armando Palacio Valdés organizado polo Círculo San Fernando de Cádiz coa novela Lo que Dios quiere.El Ideal Gallego, 13-11-1924, p. 3. En 1925 obtivo o premio de novela curta de El Diario Español de Buenos Aires coa obra Dios te deje ir con bien.El Compostelano, 7-11-1925, p. 3. Foi correspondente da Real Academia Galega.
Vida persoal Casou en Santiago de Compostela con Pastora Vázquez Cobas en 1899Gaceta de Galicia, 28-3-1899, p. 1. e foi pai de María de la Paz e Alfonso Fernández VázquezEl Compostelano, 3-10-1930, p. 3..
Obras miniatura|Antón Piruleiro. Lar. 1925. En castelán Lucha de sentimientos. Prosa de la vida, 1901. Pinceladas, 1909El Eco de Galicia, 5-2-1909, p. 1.. Senda de amargura, 1910El Eco de Galicia, 28-8-1910, p. 1.. Publicada como folletín en Diario de Galicia en 1918. La resignada, 1920. Montero-Ríos, 1920. Alborada, 1922.Nela, ocasionalmente, os personaxes populares se expresan en galego.
En galego Escribiu en galego unha única obra, a novela Como son os do grorioso. Antón Piruleiro,Antón Piruleiro e o título da portada. No interior do libro leva o antetítulo de Como son os do Grorioso. publicada na colección Lar en 1925., Xabier. Os libros de Ánxel Casal 29/8/2012.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Chantada Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1928 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público