Francisco García Suárez, nado en Allariz en 1957 e finado o 31 de xaneiro de 2026, foi un político galego do BNG, alcalde de Allariz de 2000 a 2018.
Traxectoria Diplomado en Maxisterio, foi secretario-interventor do concello da Mezquita na década de 1980 e mais ao final da súa carreira profesional.
Elixido concelleiro de Allariz, ocupou unha concellería dende o ano 1990 e mais a tenza de alcaldía (1991-2000). Ata o 2003 foi secretario de organización da Executiva do BNG.Allariz, el bastión de los nacionalistas. www.elpais.com, 18/05/2007. Francisco García y Suárez Canal dejan la Ejecutiva del BNG. www.galiciadigital.com, 24/11/2003. .
Foi alcalde de Allariz polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) dende setembro do ano 2000, logo da dimisión de Anxo Quintana. Revalidou a alcaldía de Allariz con maioría absoluta nas seguintes eleccións de 2003, 2007, 2011 e 2015. Foi vicepresidente segundo da FEGAMP dende 2003 ata 2015. En xuño de 2018 presentou a súa dimisión como alcalde de Allariz e foi substituído pola concelleira Cristina Cid.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Allariz
Ligazóns externas Entrevista en La Región Entrevista en Faro de Vigo Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Allariz Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Allariz Categoría:Nados en 1957 Categoría:Finados en 2026