250px|dereita|miniatura|Vista do Estanque de Banyoles, que dá nome á comarca. O Pla de l'Estany é unha comarca da provincia de Xirona, en Cataluña. Limita coas comarcas de Garrotxa, Alt Empordà e Gironès, e a súa capital é Banyoles. En 2009 tiña 30.153 habitantes.
A comarca foi creada en 1988 logo de aprobarse nun referendo. Ata entón formou parte do Gironès. O seu nome, literalmente "chaira do lago", fai referencia ao Lago de Banyoles, o máis grande de Cataluña.
Concellos Concello Poboación(hab.) Banyoles 17.451 Camós 698 Cornellà del Terri 2.106 Crespià 247 Esponellà 441 Fontcoberta 1.212 Palol de Revardit 459 Porqueres 4.208 Sant Miquel de Campmajor 218 Serinyà 1.048 Vilademuls 769
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Comarcas de Cataluña