José Antonio Armada Pérez, nado en Bande en marzo de 1975, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid.
Foi escollido alcalde do Concello de Bande polo Partido Popular de Galicia nas eleccións municipais de 2007, ó encabezar por primeira vez a lista local do partido e lograr a maioría absolutaLos 65 del presidente, el nuevo Executivo del Partido Popular de Ourense . www.ourensedixital.com, 31/01/2010. . Revalidou a alcaldía nas municipais de 2011, 2015 e 2019, en todas con maioría absoluta.Listaxe de alcaldes de Ourense ..
En marzo de 2020 presentou a súa renuncia como alcalde para poder ir nas listas do Partido Popular de Galicia pola provincia de Ourense para as eleccións galegas de dese ano. En xullo de 2020 saíu elixido deputado autonómico do Partido Popular por Ourense, manténdose ata as eleccións de 2024.
Vida persoal Estivo casado coa deputada popular Ana Belén Vázquez e non ten fillos.Regidores en la provincia de Ourense . El Correo Gallego, sen data.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Bande
Categoría:Alcaldes de Bande Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Bande Categoría:Nados en 1975 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia