Iacarta (en ), oficialmente coñecida como Capital Especial da Rexión de Iacarta (en ), é a capital de Indonesia, así como a maior cidade do país con 8 792 000 habitantes e coa área metropolitana chega aos 16 000 000, localízase na illa de Xava, na área lingüística sundanesa, aínda que a lingua maioritaria da cidade é o bahasa indonesio. Iacarta é a undécima cidade máis poboada do planeta e a súa área metropolitana é coñecida como Jabodetabekpunjur. É o centro político, industrial e financeiro do país.
A cidade foi coñecida ao longo da súa historia como Sunda Kelapa (397-1527), Jayakarta (1527-1619), Batavia (1619-1942) e Djakarta (1942-1972). No século onde agora está a cidade de Iacarta estaba o porto do reino hindú de Sonda chamado Kalapa. Os primeiros europeos que a visitaron foron os portugueses, no século XVI. En 1527 a cidade foi conquistada polo rei Fatahillah e cambiou o seu nome polo de Jayakarta que significa "vitoriosa e próspera". Os holandeses van apoderarse da cidade en 1619 e cambiáronlle o nome polo de Batavia que é o nome en latín dos Países Baixos. Foi a capital da colonia e prosperou no comercio. Cando en 1942 os xaponeses tomaron posesión da cidade a renomearon Iacarta. En 1949 unha vez proclamada a independencia de Indonesia, Iacarta foi a capital.
En 2019 foi anunciada unha nova capital de Indonesia, de nome Nusantara, debido aos problemas que tivo que afrontar a cidade de Iacarta, como graves inundacións, crecemento urbano excesivo e afundimento paulatino. O 17 de agosto de 2024, Indonesia celebrou oficialmente o seu Día da Independencia por primeira vez na futura capital inacabada.
Nome Iacarta foi o fogar de múltiples asentamentos humanos. A continuación móstrase a lista de nomes utilizados durante a súa existencia: Pobo buni (400 BC–500 AD) Sundapura (358–669) Sunda Kelapa (669–1527) Jayakarta (1527–1619) Batavia (1619–1949) Diakarta (1942–1972) Iakarta (1972–present)
A poboación Buni é unha cultura prehistórica da época da cerámica de barro que floreceu na costa norte de Xava Occidental, Iacarta e Banten entre o 400 a. C. e o 100 d. C. e sobreviviu até o ano 500 d. C.
Sundapura é o nome mencionado na inscrición de Tugu de Tarumanagara, un reino na costa de Xava Occidental. A posición xeográfica estratéxica da costa da Xava Occidental, que corresponde á actual Iacarta, é unha rexión dominante que controla o estreito de Sunda. Esta localización é estratéxica con respecto a Sumatra e tamén a súa conexión co continente asiático da India e China.
Tras a caída de Tarumanagara, o nome da cidade cambiouse a «Sunda Kelapa» ou «Coco de Sunda», e converteuse no principal porto do Reino da Sonda debido á súa desexable localización.
O nome «Iacarta» deriva da palabra «Jayakarta» (devanágari: जयकर्त), que á súa vez deriva do sánscrito जय «jaya» (vitorioso), e कृत krta (logrado, adquirido), por tanto, «Jayakarta» tradúcese como «fazaña vitoriosa», «acto completo» ou «vitoria completa». Recibiu o seu nome polas tropas musulmás de Fatahillah que derrotaron e expulsaron aos portugueses da cidade en 1527, e finalmente a rebautizaron como «Jayakarta». Tomei Pires, un boticario portugués, escribiu o nome da cidade na súa obra magna como «Jacatra» ou «Jacarta» durante a súa viaxe ás Indias Orientais.
Despois de que a Compañía Holandesa das Indias Orientais se apoderase da zona en 1619, a rebautizaron como «Batavia», en honra aos bátavos, unha tribo xermánica considerada antepasada dos holandeses. A cidade tamén foi coñecida entón como (Raíña de Oriente), un nome que se lle deu pola beleza urbana dos gracht do centro de Batavia, as mansións e o ordenado trazado da cidade. Tras expandirse cara ao sur no século XIX, este alcume pasou a asociarse máis cos suburbios (por exemplo, Menteng e a zona ao redor da praza Merdeka), coas súas amplas rúas, espazos verdes e vilas. "", (17 de outubro de 1939), , p. 6
Durante a ocupación xaponesa, a cidade pasou a chamarse . Tras a rendición xaponesa, o nome cambiouse a «Iacarta».'
Historia
Época precolonial A zona da costa norte de Xava occidental, incluída Iacarta, foi o lugar da prehistórica cultura Buni que floreceu entre o 400 a. C. e o 100 d. C. A área en torno a Iacarta moderna formaba parte durante o século IV do reino Sundanés de Tarumanagara, un dos reinos hindús máis antigos de Indonesia. A zona de Iacarta Norte ao redor de Tugu converteuse nun asentamento poboado a principios do século V. A inscrición de Tugu (en) (probablemente escrita ao redor do ano 417 d. C.) descuberta na aldea de Batutumbuh, pobo de Tugu, Koja, Iacarta Setentrional, menciona que o rei Purnawarman de Tarumanagara levou a cabo proxectos hidráulicos: o proxecto de irrigación e drenaxe dos ríos Chandrabhaga e Gomati, preto da súa capital. Tras a caída de Tarumanagara, os seus territorios, incluíndo a área de Iacarta, tornouse parte do reino hindú de Sonda. Iacarta empezou como un pequeno porto xunto a un monte á beira do río Ciliwung no século XV. Algúns europeos falan dun asentamento denominado Kalapa. Era o maior porto do reino hindú de Sonda.
Desde o século VII até principios do XIII, o porto de Sonda estivo baixo o dominio do imperio marítimo Srivijaya. Segundo a fonte chinesa ”Chu-fan-chi“, escrita ao redor de 1225, Chou Ju-kua informou a principios do século XIII que Srivijaya aínda gobernaba Sumatra, a península malaia e o oeste de Xava (Sonda). A fonte di que o porto de Sonda era estratéxico e próspero, e menciona a pementa de Sonda como unha das mellores en calidade. A xente traballaba na agricultura e as súas casas estaban construídas sobre pilotes de madeira. A zona do porto coñeceuse como Sunda Kelapa (en) (sundanés: ᮞᮥᮔ᮪ᮓ ᮊᮨᮜᮕ) e, no século XIV, era un importante porto comercial do reino de Sonda.
A primeira frota europea, que chegou tivo lugar en 1513 cando catro buques portugueses chegaron procedentes de Malaca, os portugueses estaban buscando unha ruta para as especias e, en particular, para a pementa. O Reino da Sonda fixo un acordo de paz con Portugal para permitir que en 1522 os portugueses construísen un porto co fin de defendelos contra o aumento de poder do Sultanato de Demak do centro de Xava.History of Jakarta A cidade foi atacada por un mozo guerreiro de nome Fatahillah dirixente dun reino veciño, logo do cal o 22 de xuño de 1527 cambiou o nome de Kalapa por Jayakarta. miniatura|Sede do Gobernador Xeral da VOC. O edificio agora serve como Museo Histórico de Iacarta.
Época colonial Os holandeses chegaron a Jayakarta a fins do século XVI e en 1619 as forzas da Compañía Holandesa das Indias Orientais, dirixidas por Jan Pieterszoon Coen conquistaron a cidade. Renomearon a cidade como Batavia. As oportunidades comerciais atraeron a Indonesia, sobre todo, a inmigrantes chineses. As tensións creceron cando o goberno colonial tratou de restrinxir a migración chinesa a través das deportacións. O 9 de outubro de 1740, 5.000 chineses foron masacrados e, ao ano seguinte, os habitantes chineses foron trasladados a Glodok fóra das murallas da cidade. En 1818 completouse o Koningsplein, agora Merdeka Square, e Kebayoran Baru que foi a última zona residencial holandesa construída.
O 5 de marzo de 1942, os xaponeses arrebataron Batavia ao control holandés, e a cidade pasou a chamarse Iacarta.(, baixo o status especial que se lle asignou á cidade). Despois da guerra, o nome holandés Batavia foi recoñecido internacionalmente até a plena independencia de Indonesia o 27 de decembro de 1949. A cidade, agora rebautizada como Iacarta, foi proclamada oficialmente capital nacional de Indonesia.
Independencia miniatura|upright|Sukarno lendo a Proclamación de Independencia de Indonesia en Jalan Pegangsaan Timur Número 56, Menteng Tras o fin da segunda guerra mundial, os nacionalistas indonesios declararon a independencia o 1 de agosto de 1945, e o goberno da cidade de Iacarta pasou a ser a Administración Nacional de Iacarta ao mes seguinte. Durante a Revolución Nacional Indonesia, os republicanos indonesios retiráronse de Iacarta, ocupada polos aliados, e estableceron a súa capital en Yogyakarta.
Logo da ocupación os grupos xa habitados mobilizáronse ideoloxicamente, así foi como estableceron o seu primeiro goberno republicano en 1950 con capital en Iacarta. Con Iacarta seleccionada como sede dos Xogos Asiáticos de 1962, Sukarno, que concibía Iacarta como unha gran cidade internacional, impulsou grandes proxectos financiados polo goberno cunha arquitectura abertamente nacionalista e modernista.; Os proxectos incluían un intercambiador en forma de trevo, unha gran avenida (Jalan MH Thamrin-Sudirman), monumentos como o Monumento Nacional, o Hotel Indonesia, un centro comercial e un novo edificio destinado a ser a sede da Conferencia das Novas Forzas Emerxentes (CONEFO). En outubro de 1965, Iacarta foi escenario dun errado intento de golpe de estado no que morreron seis xenerais de alto rango, o que precipitou unha violenta purga anticomunista na que morreron polo menos 500 000 persoas, entre elas algunhas de etnia chinesa."Why ethnic Chinese are afraid ". BBC News. 12 de febreiro de 1998. O acontecemento marcou o comezo da Nova Orde de Suharto. O primeiro goberno estivo dirixido por un alcalde ata finais de 1960, cando o cargo pasou a ser o de gobernador. O último alcalde de Iacarta foi Soediro, ata que foi substituído por Soemarno Sosroatmodjo como gobernador.
En 1966, Iacarta foi declarada un "distrito capital" (Daerah khusus ibukota), polo tanto, obtivo unha condición aproximadamente equivalente á dun estado ou provincia. O tenente xeneral Ali Sadikin desempeñou o cargo de gobernador desde ese momento ata 1977; rehabilitou estradas e pontes, alentou as artes, construíu varios hospitais, e un gran número de novas escolas. Así mesmo, autorizou aos habitantes dos barrios pobres para os novos proxectos de desenvolvemento e tratou de eliminar a prohibición dos rickshaws (vehículo lixeiro de dúas rodas que se despraza por tracción humana) e os vendedores ambulantes. Tamén comezou a controlar a migración á cidade co fin de frear a aglomeración e a pobreza. A redistribución da terra e o investimento estranxeiro contribuíu a un auxe inmobiliario que cambiou a cara da cidade. O auxe terminou coa crise financeira asiática en 1997 e 1998. O presidente Suharto, comezou a perder o seu control e as tensións chegaron ao punto máis alto en maio de 1998, cando catro estudantes foron mortos a tiros na Universidade de Trisakti polas forzas de seguridade; durante catro días de disturbios que se produciron como consecuencia da perda dun total estimado de 1.200 vidas e 6.000 edificios que foron danados ou destruídos. Suharto dimitiu como presidente, pero Iacarta seguiu sendo o punto focal do cambio democrático en Indonesia.
Tras tres décadas no poder, o apoio ao presidente Suharto comezou a decaer. As tensións alcanzaron o seu punto álxido cando catro estudantes foron asasinados a tiros na Universidade Trisakti polas forzas de seguridade. En 1998 producíronse catro días de disturbios e violencia que causaron a morte dunhas 1200 persoas e destruíron ou danaron 6000 edificios, o que obrigou a Suharto a dimitir. Gran parte dos disturbios tiveron como obxectivo os chineses indonesios. Na era posterior a Suharto, Iacarta seguiu sendo o centro do cambio democrático en Indonesia. Os atentados con bomba relacionados con Jemaah Islamiyah entre 2000 e 2005 producíronse case anualmente na cidade. con outro en 2009. En agosto de 2007, Iacarta celebrou as súas primeiras eleccións para elixir gobernador como parte dun programa de descentralización a nivel nacional que permite a celebración de eleccións locais directas en varias zonas. Anteriormente, os gobernadores eran elixidos polo órgano lexislativo da cidade. Máis recentemente, o Goberno de Indonesia anunciou os seus plans de trasladar a capital do país a Nusantara, aínda que Iacarta segue sendo o principal centro económico do país.
Xeografía