A Lapa de Gargantáns é un menhir datado no neolítico, situada na parroquia de Gargantáns, no concello de Moraña (Pontevedra).
Características miniatura|100px|esquerda|Escudo de Moraña. Ten visibles 192 cm de altura dun total de 235 cm e uns 50 cm de diámetro, con forma cónica e base cadrada. Na súa superficie aparecen unha vintena de cazoletas gravadas, xunto a varias marcas en forma de ángulo e dúas liñas serpeantes.
Dende a súa descuberta en 1958 permaneceu tirada no chan durante algúns meses e foi levantada por arqueólogos do Museo de Pontevedra.
Cumpría a función de pedra de termo entre as parroquias de Gargantáns e Santa Xusta de Moraña. O concello de Moraña adoptouno como peza representativa no escudo do concello.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Fuso da Moura Ficha en Amigos do Arqueolóxico. Megalitos de España y su bilbiografía A Lapa de Gagantáns en Dixital.CSIC: Modelos 3D e Información Xeral
Categoría:Moraña Categoría:Menhires Categoría:Megálitos de Galicia