Otto José Cameselle Barcia, nado en Vigo o 17 de xuño de 1921 e finado en Palma o 24 de abril de 1976, foi un xuíz e poeta galego.

Traxectoria Estudou Dereito en Santiago de Compostela aínda que rematou a carreira en Madrid. Foi o xuíz máis novo de España, como xuíz de primeira instancia en Redondela, actuando despois en Ocaña e Santa Cruz de Tenerife. Finalmente ocupou praza como maxistrado da Audiencia Territorial de Palma, onde casou en 1968 con Ana María Montis Suau Artigo en La Vanguardia, 6 de novembro de 1968 .. Permaneceu en Palma ata a súa morte.

Amigo persoal de Ramón González-Alegre, daquela residente en Vigo (1949), colaborou con el na edición nesta cidade da revista literaria Alba, aparecendo canda el na dirección da revista. Publicou distintos poemas nos números 3 a 7 desta revista.

En 1950 apareceu o seu poemario Poesías de la razón cordial. Posteriormente escribiu outro libro de poemas, Esencia del hombre, que nunca chegou a editarse.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Repertorio biobibliográfico na edición facsimilar de Alba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1995, px. 702 .

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes