O Parc des Princes (en francés literalmente Parque dos Príncipes) é un estadio de fútbol da cidade de París, con capacidade para 48.500 persoas. Nel xoga como local o París Saint-Germain dende 1974.

Neste estadio xogáronse as finais da Copa de Europa de fútbol dos anos 1956, 1975 e 1981, e a final da Copa de Europa de rugby do ano 2001. Tamén foi varias veces a meta final do Tour de Francia antes de 1972.

Ata a construción do Stade de France, inaugurado en 1998, o Parc des Princes foi o estadio nacional das seleccións francesas de fútbol e rugby.

A selección de fútbol de Francia xogou 127 partidos nel, dende 1906 ata 2007.

A selección de rugby de Francia xogou 74 partidos nel entre 1906 e 1997, 59 deles pertencentes ó Torneo das Seis Nacións.

Categoría:Estadios de fútbol de Francia Categoría:Paris Saint-Germain FC Categoría:Estadios do Mundial de Fútbol de 1998 Categoría:Estadios do Mundial de Fútbol de 1938 Categoría:Estadios da Eurocopa de Fútbol de 1960 Categoría:Estadios da Eurocopa de Fútbol de 1984 Categoría:Estadios da Eurocopa de Fútbol de 2016