400px|miniatura|dereita|A final desta Liga de Campións 2010-11 tivo lugar no Estadio de Wembley, en Londres, o 28 de maio do 2011. A tempada 2010/11 da Liga de Campións foi a 56ª edición da máxima competición continental de fútbol en Europa, a Liga de Campións, organizada pola UEFA.
A Primeira Fase, consistente en 8 grupos de 4 equipos, comezou o 14 de setembro e rematou o 8 de decembro do 2010. Os 2 mellores equipos de cada grupo pasaron á Segunda Fase, consistente en Oitavos de Final, Cuartos de Final, Semifinais e Final. A Segunda Fase comezou o 15 de febreiro, e rematou o 28 de maio do 2011 coa final, que nesta edición tivo lugar no Wembley Stadium de Londres, entre o Manchester United e o FC Barcelona.
O Inter de Milán, o campión de Europa na tempada 2009/10, era este ano o defensor do título.
Primeira Fase Grupo A EquiposPuntosXog.Gañ.Emp.Per.GFGCDif. TOTTENHAM HOTSPUR1163211811+7 INTER DE MILÁN1063121211+1 FC Twente66132911−2 Werder Bremen56123612−6 TOTINTTWEBRE Tottenham Hotspur–3–14–13–0 Inter de Milán4–3–1–04–0 FC Twente3–32–2–1–1 Werder Bremen2–23–00–2–
Grupo B EquiposPuntosXog.Gañ.Emp.Per.GFGCDif. FC SCHALKE 04136411103+7 OLYMPIQUE LYON1063121110+1 SL Benfica66204712−5 Hapoel Tel Aviv56123710−3 S04O.LBENHAP FC Schalke 04–3–02–03–1 Olympique Lyon1–0–2–02–2 SL Benfica1–24–3–2–0 Hapoel Tel Aviv0–01–33–0–
Grupo C EquiposPuntosXog.Gañ.Emp.Per.GFGCDif. MANCHESTER UNITED14642071+6 VALENCIA CF116321154+11 Rangers FC6613236−3 Bursaspor16015216−14 M.UVALRANBUR Manchester United–1–10–01–0 Valencia CF0–1–3–06–1 Rangers FC0–11–1–1–0 Bursaspor0–30–41–1–
Grupo D EquiposPuntosXog.Gañ.Emp.Per.GFGCDif. FC BARCELONA146420143+11 FC KOBENHAVN10631275+2 FC Rubín Kazán6613224−2 Panathinaikos26024213−11 BARKOBRUBPAN FC Barcelona–2–02–05–1 FC København1–1–1–03–1 Rubin Kazan1–11–0–0–0 Panathinaikos0–30–20–0–
Grupo E EquiposPuntosXog.Gañ.Emp.Per.GFGCDif. BAYERN MÚNIC156501166+10 AS ROMA1063121011−1 FC Basel66204811−320px|Romanía CFR Cluj46114612−6 BAYROMBASCLU Bayern Múnic–2–03–03–2 AS Roma3–2–1–32–1 FC Basel1–22–3–1–0 CFR Cluj0–41–12–1–
Grupo F EquiposPuntosXog.Gañ.Emp.Per.GFGCDif. CHELSEA FC156501144+10 OLYMPIQUE MARSELLA126402123+9 Spartak Moscova96303710−3 MSK Zilina06006319−16 CHEO.MSPAZIL Chelsea FC–2–04–12–1 Olympique Marsella1–0–0–11–0 Spartak Moscova0–20–3–3–0 MSK Zilina1–40–71–2–
Grupo G EquiposPuntosXog.Gañ.Emp.Per.GFGCDif. REAL MADRID166510152+13 AC MILAN86222770 AFC Ajax76213610−4 AJ Auxerre36105312−9 R.MMILAJAAUX Real Madrid–2–02–04–0 AC Milan2–2–0–22–0 AFC Ajax0–41–1–2–1 AJ Auxerre0–10–22–1–
Grupo H EquiposPuntosXog.Gañ.Emp.Per.GFGCDif. SHAKHTAR DONETSK156501126+6 ARSENAL FC126402187+11 Sporting Braga96303511−6 FK Partizan06006213−11 SHAARSBRAPAR Shakhtar Donetsk–2–12–01–0 Arsenal FC5–1–6–03–1 Sporting Braga0–32–0–2–0 FK Partizan0–31–30–1–
Segunda fase Na fase de Play Offs, os equipos xogan entre si dous partidos a ida e volta, menos na final que é a un partido en campo neutral. Este ano será no Wembley Stadium de Londres.
Oitavos de final O sorteo de oitavos de final fíxose o 17 de decembro do 2010 na sede da UEFA en Nyon, Suíza. Os partidos de ida dos oitavos de final xogáronse os días 15, 16, 22 e 23 de febreiro, e os partidos de volta os 8, 9, 15 e 16 de marzo do 2011.
Cuartos de final O sorteo de cuartos de final fíxose o 18 de marzo do 2011 na sede da UEFA en Nyon, Suíza. Os partidos de ida dos cuartos de final xogáronse os días 5 e 6 de abril, e os partidos de volta os días 12 e 13 de abril do 2011. Neste sorteo xa quedaron determinados os futuros enfrontamentos de semifinais.
Final
Na tempada 2010-11 a final da Liga de Campións disputouse o 28 de maio de 2011 no novo Estadio de Wembley, en Londres, diante de 87.695 persoas. Era a 1ª vez que este novo recinto acollía este evento. 270px|miniatura|esquerda|Aliñacións iniciais dos 2 equipos. A esta final chegaron o Fútbol Club Barcelona e o Manchester United. Os adestradores dos dous equipos eran os mesmos que se enfrontaron na edición 2008-09. Alex Ferguson, adestrador do equipo inglés, xa gañara a Copa de Europa en 1999 e 2008, mentres que Pep Guardiola estaba na súa segunda final trala de 2009.
O elixido para arbitrar esta final da Liga de Campións foi o colexiado húngaro Viktor Kassai.
O Manchester United chegaba á final despois de superar no grupo C a Valencia CF, Rangers FC e Bursasport, e despois de eliminar o Olympique de Marsella en oitavos de final, ó Chelsea FC en cuartos de final, e ó FC Schalke 04 en semifinais.
Pola súa banda, o FC Barcelona viña de enfrontarse co FC Kobenhavn, FC Rubín Kazán e Panathinaikos no grupo D, e despois de eliminar o Arsenal FC nos oitavos de final, ó FC Shakhtar Donetsk nos cuartos, e ó Real Madrid nas semifinais.
Do mesmo xeito que na final de 2009 o encontro comezou cun lixeiro dominio do equipo inglés, que desapareceu ó cabo duns 10 minutos. A partir de entón o encontro foi de cor blaugrana. Na primeira metade a posesión do balón foi dun 67% a prol do FC Barcelona, que tivo 8 ocasións de marcar por 2 do Manchester United. No minuto 27 chegou o primeiro gol para o FC Barcelona, obra de Pedro. O Manchester United foi quen de iguala-lo marcador no minuto 34, nunha xogada na que Wayne Rooney marcou nunha xogada illada. Así rematou a primeira metade.
Na segunda metade continuou o dominio do conxunto catalán. Lionel Messi puxo de novo ó seu equipo por diante no minuto 54 cun disparo dende fóra da área que colleu por sorpresa a Edwin van der Sar. O 3-1 chegou no minuto 69, obra de David Villa, que rematou co interior do pé un balón que entrou polo escuadro da portería inglesa. Aínda puideron marcarse máis goles, pero o encontro rematou con este resultado, e o FC Barcelona celebrou a vitoria.
A posesión do balón foi dun 63% para o Barcelona e un 37% para o Manchester. O FC Barcelona fixo 12 lanzamentos á portería de Edwin van der Sar e 7 fora, e o Manchester United fixo só 1 disparo á portería de Víctor Valdés e 3 fora.Estatísticas do encontro na web da UEFA
Lionel Messi foi novamente premiado como Man of the Match, como xa sucedera na final da edición 2008-09.
Con esta vitoria o FC Barcelona acadou a seu 4ª trofeo como campión de Europa.
Táboa de goleadores
PosXogadorLista de goleadores GOLESEquipoPosición1ºLionel Messi12FC BarcelonaDianteiro2ºMario Gomez8Bayern MúnicDianteiro -Samuel Eto'o8Inter de MilánDianteiro4ºNicolas Anelka7Chelsea FCDianteiro5ºKarim Benzema6Real Madrid CFDianteiro -Roberto Soldado6Valencia CFDianteiro -Cristiano Ronaldo6Real Madrid CFDianteiro8ºPedro Rodríguez5FC BarcelonaDianteiro -Raúl González5FC Schalke 04Dianteiro10º10 xogadores4variosvarias Actualizado o 16 de xullo do 2011
160px|miniatura|esquerda|Lionel Messi
Véxase tamén Outras competicións continentais Euroliga 2010-11 (Baloncesto) Heineken Cup 2010-2011 (Rugby) Liga de Campións da EHF 2010-11 (Balonmán) Copa de Europa de hóckey a patíns 2010-2011 (Hóckey a patíns)
Ligazóns externas UEFA Champions League, sitio web oficial
Categoría:Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbol Club Barcelona Categoría:Fútbol en 2011