miniatura|Gromo de roseira.
As plantas (tamén chamadas nalgunhas clasificacións Viridiplantae ou plantas verdes) son organismos multicelulares eucariotas do reino Plantae. Forman un clado que inclúe as plantas con flor (anxiospermas), as coníferas e outras ximnospermas, fentos, licopodios, antocerotas, hepáticas, musgos e, nas clasificacións recentes, as algas verdes. Están excluídos das plantas as algas vermellas e pardas, os fungos, os animais, as arqueas e as bacterias.
As plantas verdes teñen paredes de celulosa e obteñen caracteristicamente a maioría da súa enerxía da luz por medio da fotosíntese, realizada en cloroplastos primarios, derivados da endosimbiose con cianobacterias. Os seus cloroplastos conteñen clorofilas a e b, o que lles dá a súa cor. Algunhas plantas parasitas perderon a súa capacidade de producir cantidades normais de clorofila ou de fotosintetizar. Son seres tipicamente autótrofos, xa que só necesitan absorber do seu medio substancias inorgánicas. As plantas tamén se caracterizan pola súa reprodución sexual, crecemento indeterminado modular, e pola alternancia de xeracións, aínda que a reprodución asexual é tamén común nelas.
O seu número preciso é difícil de determinar, pero unha estimación de 2010 falaba da existencia de entre 300.000 e 315.000 especies de plantas, das cales a gran maioría, unhas 260–290 mil, son plantas con sementes. As plantas verdes proporcionan a maior parte do oxíxeno molecular atmosférico e son a base da maioría dos ecosistemas da Terra, especialmente nos ambientes terrestres. As plantas que producen cereais, froitas e verduras constitúen o alimento básico da humanidade, e moitas especies foron domesticadas para uso agrícola durante milenios. As plantas utilízanse como ornamento e como fonte de medicinas, e as árbores proporcionaron a súa madeira, e outras plantas fibras téxtiles (algodón, liño).
Do estudo científico das plantas encárgase a botánica. Os nomes científicos da plantas seguen as normas do Código Internacional de Nomenclatura de algas, fungos e plantas e o Código Internacional de Nomenclatura de Plantas Cultivadas.
Definición As plantas son un dos dous grupos nos cales se clasificaron tradicionalmente todos os seres vivos; o outro é o dos animais. Esta división xa se remonta a Aristóteles (384 a. C. – 322 a. C.), que distinguiu entre as plantas, que xeralmente non se moven, e os animais, que normalmente son móbiles para coller a súa comida. Moito máis tarde, cando Linné (1707–1778) creou as bases do moderno sistema de clasificación científica, estes dous grupos convertéronse nos reinos Vegetabilia (despois Metaphyta ou Plantae) e Animalia (tamén chamado Metazoa). Inicialmente, no reino das plantas estaban incluídos as algas, e os fungos e máis tarde incluíronse nel as bacterias, pero despois quedou claro que estes grupos non estaban relacionados coas plantas, polo que os fungos, as bacterias e varios grupos de algas foron pasados a outros novos reinos. As algas houbo épocas en que foron clasificadas como plantas e outras como protistas, e actualmente algunhas algas, só as algas verdes, son incluídas no reino Plantae. Aínda hoxe, en contextos non científicos, grupos como os fungos e todas algas son considerados ás veces vexetais.
Fóra dos contextos científicos formais, o termo "planta" implica unha asociación con certas características, como a de ser multicelulares, posuír celulosa, e ter a capacidade de realizar a fotosíntese.
Definición actual de Plantae Os sucesivos cambios taxonómicos crearon certa confusión no concepto de planta. Cando se aplica o nome Plantae ou planta a un grupo específico de organismos ou taxon, normalmente se fai referencia a catro posibles conceptos. Desde o menos ao máis inclusivo, estas catro agrupacións son: Nome(s) Dimensión Descrición Plantas terrestres, tamén chamadas Embryophyta Plantae sensu strictissimo Este grupo é o máis restrinxido, xa que inclúe só dentro das plantas a hepáticas, antocerotas, musgos, e plantas vasculares, xunto coas plantas fósiles similares a algún dos grupos anteriores (por exemplo, Metaphyta Whittaker, 1969,Whittaker, R. H. (1969). New concepts of kingdoms or organisms . Science 163 (3863): 150–160. Plantae Margulis, 1971Margulis, L. 1971. Whittaker's five kingdoms of organisms: minor revisions suggested by considerations of the origin of mitosis. Evolution 25:242-245.). Plantas verdes, tamén chamadas Viridiplantae, Viridiphyta ou Chlorobionta Plantae sensu stricto Este grupo inclúe as plantas terrestres xunto con varios grupos de algas verdes, como as Charales. Os nomes que se lles deron a estes grupos varían considerablemente actualmente (2011). As Viridiplantae comprenden todos os organismos que posúen clorofila a e b, teñen plastidios que están rodeados só por dúas membranas, poden almacenar amidón, e teñen celulosa na súa parede celular. Este clado é do que principalmente se tratará neste artigo (por exemplo, Plantae Copeland, 1956Copeland, H. F. (1956). The Classification of Lower Organisms. Palo Alto: Pacific Books, p. 6, .). Archaeplastida, Plastida ou Primoplantae Plantae sensu lato Este é o agrupamento máis amplo, que inclúe as plantas verdes do grupo anterior (plantas terrestres e algas verdes) e mais as Rhodophyta (algas vermellas) e Glaucophyta (algas glaucófitas). Este clado inclúe os organismos que hai eóns adquiriron os seus cloroplastos directamente por endosimbiose cunha cianobacteria (por exemplo, Plantae Cavalier-Smith, 1981T. Cavalier-Smith (1981). "Eukaryote Kingdoms: Seven or Nine?". BioSystems 14 (3–4): 461–481.). Definicións vellas de planta Plantae sensu amplo As vellas clasificacións situaban diversas algas, fungos ou bacterias dentro de Plantae (por exemplo, Plantae Haeckel 1866, Metaphyta Haeckel, 1894,Haeckel, E. (1894). Die systematische Phylogenie. Plantae Whittaker, 1969).
Outro modo de ver as relacións entre os diferentes grupos, que se recibiron o nome de "plantas" é por medio dun cladograma, que mostra as súas relacións evolutivas. A historia evolutiva das plantas aínda non está completamente establecida, pero unha relación aceptada entre os tres grupos descritos arriba móstrase a continuación.Baseado en e ; ver tamén este outro cladograma lixeiramente diferente en . Os grupos que foron considerados tradicionalmente "algas" son todos os que non son plantas terrestres, e os que foron chamados "plantas" están en letra grosa.
O modo no cal se combinan e denominan os grupos de algas verdes varían considerablemente entre os autores.
Diversidade A táboa que segue mostra algunhas estimacións do número de especies que se cre que existen nos diferentes grupos de plantas verdes (Viridiplantae). Crese que hai unhas 300.000 especies de Viridiplantae vivas, das cales o 85–90% son plantas anxiospermas. (Nota: como os datos proceden de diferentes fontes non son totalmente comparables, e como en toda estimación sempre están suxeitos a un grao de incerteza).
+Diversidade das divisións de plantas verdes (Viridiplantae) vivas Grupo informal Nome da división Nome común Nº de especies vivas Nº aproximado en grupo informal Algas verdes Chlorophyta algas verdes (clorófitas) 3.800–4.300 Van den Hoek, C., D. G. Mann, & H. M. Jahns, 1995. Algae: An Introduction to Phycology. pages 343, 350, 392, 413, 425, 439, & 448 (Cambridge: Cambridge University Press). ISBN 0-521-30419-9 8.500 (6.600–10.300) Charophyta algas verdes (por exemplo, carófitas, caráceas, desmidiáceas...) 2.800–6.000 Van den Hoek, C., D. G. Mann, & H. M. Jahns, 1995. Algae: An Introduction to Phycology. pages 457, 463, & 476. (Cambridge: Cambridge University Press). ISBN 0-521-30419-9 Briófitas Marchantiophyta hepáticas 6.000–8.000 Crandall-Stotler, Barbara. & Stotler, Raymond E., 2000. "Morphology and classification of the Marchantiophyta". page 21 in A. Jonathan Shaw & Bernard Goffinet (Eds.), Bryophyte Biology. (Cambridge: Cambridge University Press). ISBN 0-521-66097-1 19.000 (18.100–20.200) Anthocerotophyta antocerotas 100–200 Schuster, Rudolf M., The Hepaticae and Anthocerotae of North America, volume VI, pages 712–713. (Chicago: Field Museum of Natural History, 1992). ISBN 0-914868-21-7. Bryophyta musgos 12.000 Pteridófitas Lycopodiophyta licopodios 1,200 12.000 (12.200) Pteridophyta fentos, equisetos 11.000 Plantas con sementes Cycadophyta cícadas 160 260.000 (259.511) Ginkgophyta ginkgo 1 Pinophyta coníferas 630 Gnetophyta gnetófitas 70 Magnoliophyta plantas con flor, anxiospermas 258.650 International Union for Conservation of Nature and Natural Resources, 2006. IUCN Red List of Threatened Species:Summary Statistics
Evolución A evolución das plantas deu lugar a crecentes niveis de complexidade, desde as primeiras alfombras de algas, a través das briófitas, licopodios, fentos ata chegar ás máis complexas ximnospermas e anxiospermas actuais. Os grupos que apareceron antes continuaron prosperando, especialmente nos ambientes nos cales evolucionaron.
As probas indican que se formaban escumas de algas en terra hai 1200 Ma, pero non foi ata o período Ordovícico, hai arredor de 450 Ma, cando apareceron as plantas terrestres."Os fósiles máis antigos revelan a evolución de plantas non vasculares entre mediados e finais do Ordovícico (hai ~450-440 millóns de anos) baseándose nas esporas fósiles." Transition of plants to land Porén, novas evidencias procedentes do estudo das proporcións de isótopos do carbono en rochas precámbricas sinalan que as plantas fotosintéticas complexas se desenvolveron na Terra hai uns 1000 millóns de anos."A dominancia aparente dos eucariotas en lugares non mariños hai 1 Ga indica que a evolución eucariótica en terra puido comezar moito antes do que previamente se pensaba." Earth’s earliest non-marine eukaryotes Estas empezaron a diversificarse a finais do período Silúrico, hai arredor de 420 Ma, e os froitos da súa diversificación estaban xa presentes en moito detalle no conxunto fósil de inicios do Devoniano da formación do chert de Rhynie, en Escocia. Neste chert ou sílex preserváronse as primeiras plantas mesmo con detalles celulares, ao quedaren petrificadas en fontes termais volcánicas. A mediados do Devoniano a maioría das características recoñecidas nas plantas actuais estaban xa presentes, incluíndo as raíces, follas e crecemento secundario, e ao final do Devoniano xa evolucionaran as sementes. As plantas do final do Devoniano xa alcanzaran, pois, un grao de sofisticación que lles permitiu formar bosques de árbores altas. A innovación evolutiva continuou despois do Devoniano. A maioría dos grupos de plantas saíron relativamente indemnes do evento de extinción permo-triásico, aínda que a estrutura das comunidades cambiou. Isto puido favorecer a evolución das plantas con flor no Triásico (hai ~200 Ma), que explotou no Cretáceo e Terciario. O último grupo importante de plantas que evolucionou foi o das herbas, que se fixeron moi importantes a mediados do Terciario, hai arredor de 40 Ma. Nas herbas, igual que noutros grupos, evolucionaron mecanismos novos no seu metabolismo para sobrevivir ás condicións baixas en CO2 cálidas e secas dos trópicos nos últimos 10 Ma.
Evolución das embriófitas
miniatura|Dicksonia antarctica, unha especie de fento arbóreo. As plantas que nos son máis familiares son as plantas terrestres multicelulares, chamadas embriófitas. As embriófitas comprenden as plantas vasculares, como os fentos, coníferas e plantas anxiospermas con flores típicas, pero tamén comprenden as briófitas, das cales os musgos e as hapáticas son as máis comúns.