Pilar Milagros Rojo Noguera, nada na Coruña o 23 de febreiro de 1960, é unha arquitecta e política galega militante do PPdG.

Traxectoria É licenciada en Arquitectura pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. En 1990 e ata 1996 exerceu como arquitecta da Facenda Pública na Delegación Provincial de Economía e Facenda en Pontevedra. En novembro de 1996 foi nomeada delegada provincial da Consellería de Cultura e Comunicación Social da Xunta de Galicia en Pontevedra, cargo que ocupou ata finais de 2001.

No ano 2001 foi elixida deputada do PPdeG por Pontevedra no Parlamento de Galicia, cargo para o que foi reelixida nas VII e VIII lexislaturas. O 20 de xaneiro de 2003 foi nomeada Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, cargo que desempeñou ata as eleccións autonómicas de 2005.

Após as Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009, foi elixida presidenta do Parlamento de Galicia. Nas eleccións xerais de 2015 presentouse en terceiro lugar pola provincia de Pontevedra e foi elixida deputada. En xaneiro de 2016 foi substituída na Presidencia do Parlamento Galego por Miguel Santalices."Miguel Santalices será o novo presidente do Parlamento", Praza Pública, 25 de xaneiro de 2016. Nas eleccións xerais de abril de 2019 presentouse ao Senado pola provincia de Pontevedra, sen obter escano. Repetiu candidatura nas Eleccións xerais de novembro do mesmo ano, desa volta con éxito.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Lista de senadores galegos desde a Transición

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Presidentes do Parlamento de Galicia Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1960 Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IX Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Senadores de España polo PP Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Categoría:Medallas do Parlamento de Galicia