Erase Errata é unha banda de rock alternativo estadounidense procedente de San Francisco. Adoitan citar a Captain Beefheart, The Fall e Minutemen como inspiración. O grupo usa a improvisación como unha ferramenta de composición e cada unha das súas actuacións é unha manifestación única das súas cancións.

Historia Erase Errata formouse en Oakland en 1999 e rapidamente gañou fama en todo o país despois da edición do seu 7" de estrea, Erase Errata, e grazas a xiras ao lado da banda de electro grrl Le Tigre e ao grupo de noise rock Melt Banana.Strong, Martin C. (2003) "Erase Errata", en The Great Indie Discography, Canongate, ISBN 1-84195-335-0

Lanzaron o seu aclamado primeiro álbum Other Animals en 2001, seguido de At Crystal Palace en 2003, ambos a través do selo Troubleman Unlimited. O grupo comezou a contar entón con Sonic Youth, Mission of Burma e The Ex entre os seus seareiros.

Despois de que a guitarrista fundadora Sara Jaffe deixase Erase Errata en 2004, a vocalista Jenny Hoyston pasouse á guitarra e durante un tempo a banda viuse forzada a ter un vocalista masculino chamado Archie McKay. Finalmente o grupo converteuse nun trío, con Hoyston como guitarrista e vocalista. No ano 2006 editaron o álbum Nightlife, pasando a formar parte dos conxuntos do selo Kill Rock Stars.

Tras o lanzamento no ano 2010 do sinxelo "Damaged" a banda pasou un período de catro anos inactiva. O día 20 de xaneiro do ano 2015 Erase Errata publicou o seu cuarto e derradeiro álbum de estudio, Lost Weekend, a través do seu propio selo Under the Sun. A banda separouse amigablemente despois de realizar dous concertos finais en Austin, Texas, en outubro de 2015.

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Other Animals 2001 Troubleman Unlimited At Crystal Palace 2003 Troubleman Unlimited Nightlife 2006 Kill Rock Stars Lost Weekend 2015 Under the Sun

Recompilatorios Fields And Streams - 2002 (Kill Rock Stars)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de post-punk revival Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de San Francisco Categoría:Grupos musicais formados en 1999 Categoría:Bandas de mulleres