Five Dollar Bob's Mock Cooter Stew é un EP da banda estadounidense de grunge Mudhoney, editado o 26 de outubro de 1993 polo selo Reprise Records.
O EP é un recompilatorio de sete temas, catro dos cales eran cancións novas no tempo da edición. Das outras tres, dúas eran rarezas, e a última unha versión re-gravada dun tema anteriormente editado, "Make It Now", aparecido en Piece of Cake e co título "Make It Now Again" no EP. "Deception Pass" e "Underide" aparecen en sinxelos anteriores. Os catro temas restantes son novos e só aparecen neste EP.
Listaxe de cancións "In the Blood" – 3:08 "No Song III" – 4:11 "Between Me & You Kid" – 3:38 "Six Two One" – 2:35 "Make It Now Again" – 4:35 "Deception Pass" – 2:52 "Underide" – 2:08
Categoría:EPs de Mudhoney Categoría:EPs musicais de 1993 Categoría:EPs de Reprise Records