César José Mera Rodríguez, nado na Caniza o 7 de marzo de 1945, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Foi nomeado alcalde da Caniza en xaneiro de 1976. En 1979 encabezou a candidatura de UCD e foi reelixido cunha ampla maioría absoluta, con 12 dos 13 concelleiros. En 1983 pasou a formar de Alianza Popular (logo Partido Popular) e revalidaría a alcaldía con maioría absoluta nos sucesivos comicios ata que en 2011 renunciou a presentarse á reelección e abandonou a primeira liña política.
Foi deputado na Deputación de Pontevedra a partir de 1979. Foi o seu vicepresidente a partir de 1987, sendo presidente Xosé Cuíña. Trala dimisión deste para ser Conselleiro na Xunta de Galicia pasou a ocupa-la presidencia a comezos de 1990, manténdose no cargo ata 1995. Foi Senador electo por Pontevedra na V, VI, VII e VIII lexislaturas (1993-2008).
Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Eleccións municipais na Caniza Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Alcaldes da Caniza Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Nados na Caniza Categoría:Nados en 1945 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes