Manuel Pérez Álvarez, nado en Sober o 3 de decembro de 1946, é un avogado e político galego.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é inspector de Traballo. Comezou a súa carreira política nas eleccións municipais de 1987 como concelleiro en Vigo por Alianza Popular. Foi deputado no Parlamento de Galicia (1989-95) e Conselleiro de Traballo e Servizos Sociais (1990-1991).
En 1995 foi elixido, por maioría absoluta, alcalde de Vigo. Por diferenzas co partido non se presentou ás eleccións municipais de 1999, nas que o PPdeG perdería a alcaldía. Foi senador pola provincia de Pontevedra entre 1996 e 1998. En 1999 foi elixido deputado do Parlamento Europeo. Tamén foi presidente do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (1995).
Dende o ano 1999 ata o 2004 foi eurodiputado, participando como voceiro da Comisión de Emprego e Asuntos Sociais e como membro na Comisión de Pesca e na Delegación para as Relacións con Canadá. En outubro de 2023 a Xunta de Galicia propúxoo como presidente do Consello Económico e Social de Galicia en substitución de Agustín Hernández.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Enciclopedia Galega Universal
Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Eleccións municipais en Vigo
Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Europarlamentarios de Galicia Categoría:Nados en Sober Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en 1946 Categoría:Europarlamentarios do PPE Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Europarlamentarios de España (1999-2004) Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia