Xosé Luís Rodríguez Pardo, nado na Coruña o 13 de decembro de 1936 e finado na mesma cidade o 12 de xuño de 2018, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Participou no Consello da Mocedade e na fundación do Partido Socialista Galego en 1963 e no Consello de Forzas Políticas Galegas. Foi fundador da Agrupación Cultural O Galo de Santiago (1961) e da Agrupación Cultural O Facho da Coruña (1963). Formou parte das primeiras directivas de ADEGA.

Partidario de achegarse ao PSOE formou parte con Ceferino Díaz e Fernando González Laxe do Colectivo Socialista-PSG, constituído o 2 de abril de 1978. Plasmaron o seu proxecto no manifesto coñecido como Documento dos 19, foron expulsados do PSG e integráronse no PSdeG-PSOE.

Participou na elaboración do Estatuto dos dezaseis, e nas Cortes Xerais no texto material do Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi deputado pola provincia da Coruña na I lexislatura (1979-1982) e senador na II e III lexislatura (1982-1989).

Colaborou en distintos medios de prensa, como no desaparecido Xornal.com

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Ficha no Senado Biografía en galegos.info

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura) Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes