Frederico Guillerme III de Prusia, nado en Potsdam o 3 de agosto de 1770 e finado en Berlín o 7 de xuño de 1840, foi o quinto rei de Prusia, cargo que ostentou dende 1797 ata a súa morte.

Traxectoria Casou con Luísa de Mecklembourg-Strelitz en 1793. Seis anos despois, en 1797, foi coroado rei de Prusia. Como monarca tivo que enfrontarse a moitas adversidades, coma o déficit do Estado e o imperialismo de Napoleón Bonaparte.

Unión das Igrexas de Prusia Frederico Guillerme propúxose unificar as igrexas protestantes, para homoxeneizar a súa liturxia, a súa organización e incluso a súa arquitectura. O reto a longo prazo era centralizar o control real de todas as igrexas protestantes na Unión Prusiana de Igrexas. Tras varios anos creouse a Igrexa da Unión Prusiana, xuntando a maioría dos grupos luteranos e algúns protestantes reformados minoritarios.Christopher Clark, "Confessional policy and the limits of state action: Frederick William III and the Prussian Church Union 1817–40." Historical Journal 39.#4 (1996) pp: 985-1004. in JSTOR

En 1824, Frederico Guillerme III casou de novo morganaticamente coa condesa Augusta von Harrach, princesa de Liegnitz, con quen non tivo descendencia.

Finou o 7 de xuño de 1840 en Berlín. O seu fillo máis vello, Frederico Guillerme, sucedeuno no trono.

Matrimonio e fillos O 24 de decembro de 1793 casou con Luísa de Mecklemburgo-Strelitz, auténtica heroína antinapoleónica aínda hoxe en Alemaña. Tiveron os seguintes fillos antes da prematura morte da raíña en 1810:

miniatura|Luísa de Mecklemburgo-Strelitz, esposa de Frederico Guillerme III.

Frederico Guillerme IV de Prusia, nacido en Berlín en 1795 e morto en 1861 en Potsdam. Casado coa princesa Isabel Luísa de Baviera, que foi raíña consorte de Prusia. Guillerme I de Prusia, nacido en Berlín en 1797 e morto na mesma cidade en 1888. Casado coa princesa Augusta de Saxonia-Weimar-Eisenach. Carlota de Prusia, nada en Berlín en 1798 e morta en 1860 en San Petersburgo. Casada co tsar Nicolao I de Rusia. Frederica de Prusia, nada en Potsdam en 1799 e morta en 1800 en Berlín. Carlos de Prusia, nacido en Berlín en 1801 e morto na mesma cidade en 1883. Casou coa princesa María de Saxonia-Weimar-Eisenach. Alexandrina de Prusia, nada en Berlín en 1803 e morta en 1892 en Schwerin. Casou co gran duque Paulo Frederico de Mecklemburgo-Schwerin. Fernando de Prusia, nacido en Berlín en 1804 e morto na mesma cidade en 1806. Luísa Augusta de Prusia, nada en 1808 en Königsberg (actualmente Kaliningrado) e morta en Wassenar en 1872. Casou co príncipe Frederico dos Países Baixos. Alberte de Prusia, nacido en 1809 en Königsberg (Kaliningrado) e morto en Berlín en 1870. Casou coa princesa Mariana dos Países Baixos e en segundas nupcias coa princesa Rosalía von Rauch.

Devanceiros

Devanceiros de Frederico Guillerme III de Prusia

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Clark, Christopher. "Confessional policy and the limits of state action: Frederick William III and the Prussian Church Union 1817–40." Historical Journal 39.#4 (1996) pp: 985-1004. in JSTOR Thomas Stamm-Kuhlmann: König in Preußens großer Zeit. Friedrich Wilhelm III., der Melancholiker auf dem Thron. Siedler, Berlin 1992. Dagmar von Gersdorff: Königin Luise und Friedrich Wilhelm III. Eine Liebe in Preußen. Rowohlt, Reinbek 2001. ISBN 3-499-22615-4. Claudia von Gélieu, Christian von Gélieu: Die Erzieherin von Königin Luise. Salomé de Gélieu. Regensburg 2007, ISBN 978-3-7917-2043-2.

Outros artigos Dinastía Hohenzollern Friedrich Schinkel

Ligazóns externas

Categoría:Historia de Alemaña Categoría:Nados en Potsdam Categoría:Nados en 1770 Categoría:Finados en 1840