"Anyone Can Play Guitar" é un sinxelo da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, editado en febreiro de 1993 como avance do seu primeiro álbum Pablo Honey. Trátase do segundo sinxelo do grupo, e o primeiro en ter unha audiencia ampla ("Creep" fora publicado en cantidades limitadas poucos meses antes, e non acadou bos postos nas listas nun principio). "Anyone Can Play Guitar" impresionou relativamente pouco nas listas, pero foi unha canción básica nos seus concertos de principios e mediados dos 90.

Listaxe de cancións CD británico "Anyone Can Play Guitar" (single edit) "Faithless the Wonder Boy" "Coke Babies"

CD holandés "Anyone Can Play Guitar" (single edit) "Faithless the Wonder Boy"

CD australiano "Anyone Can Play Guitar" "Creep" "Pop Is Dead" "Thinking About You (EP Version)" "Killer Cars (Acoustic)"

Categoría:Sinxelos de 1993 Categoría:Cancións de Radiohead