Joaquim Pereira Teixeira de Vasconcelos, nado en Amarante o 2 de novembro de 1877Todas as fontes bibliográficas indican 2 de novembro de 1877 como a súa data de nacemento. A pesar diso, a partida de bautismo refire que naceu ás cinco da tarde do 8 de novembro de 1877, en Amarante. En a autora indica que Pascoaes adoptou o 2 de novembro como data do seu aniversario por razóns puramente simbólicas, por ser o Dia dos Mortos, unha porta para o Alén. e finado en Gatão o 14 de decembro de 1952, foi un poeta e escritor portugués, principal representante do Saudosismo. Usou o pseudónimo de Teixeira de Pascoaes.

Traxectoria Teixeira de Pascoaes naceu no seo dunha familia aristocráticaXenealoxía de Teixeira de Pascoaes. de Amarante, o segundo fillo (de sete) de João Pereira Teixeira de Vasconcelos, xuíz e deputado ás Cortes, e de Carlota Guedes Monteiro.

En 1883 iniciou os estudos primarios en Amarante e en 1887 ingresou no liceo da vila. En 1895 mudouse para Coímbra, onde terminou os seus estudos secundarios e en 1896 se inscribiu na facultade de Dereito da Universidade de Coímbra. Ao contrario da maioría dos seus camaradas, non formou parte da bohemia coimbrá, e pasaba o seu tempo no cuarto, a ler e a escribir.

Licenciouse en 1901 e estableceuse como avogado, primeiro en Amarante e, a partir de 1906, no Porto. En 1911, foi nomeado xuíz substituto en Amarante, cargo que exerceu durante dous anos. En 1913, con alivio, deu por terminada a súa carreira xudicial. Sobre a súa experiencia xurídica dirá: "Eu era um Dr. Joaquim na boca de toda a xente. Precisava de honrar o título. Entre o poeta natural e o bacharel à força, ia comezar um duelo que durou dez anos, tanto como o cerco de Tróia e a formatura de João de Deus. Vivi dez anos, num escritorio, a lidar com almas deste mundo, o mais deste mundo que é posíbel — eu que nacera para outras convivencias." Livro de Memórias.

Sendo un propietario acomodado, non tiña necesidade de exercer ningunha profesión e pasou a residir na casa familiar en Gatão, preto de Amarante, coa nai e outros membros da súa familia. Dedicábase á xestión do patrimonio, á contemplación da natureza e á lectura e á escritura. Gatão pasou a ser lugar de peregrinación de innumerables intelectuais e artistas, nacionais e estranxeiros, que o ían visitar. No final da vida, foi amigo dos poetas Eugénio de Andrade e Mário Cesariny de Vasconcelos. Este último o elixiría como poeta superior a Fernando Pessoa, chegando a ser o organizador da reedición dalgúns dos textos de Pascoaes, así como dunha antoloxía poética, nos anos 70 e 80.

Pascoaes morreu ós 75 anos en Gatão, de bacilose pulmonar, algúns meses despois da morte da súa nai, en 1952.

Unha rúa leva o seu nome na Coruña.https://a-coruna.callejero.net/calle-de-teixeira-de-pascoaes.html

Obra Con António Sérgio e Raul Proença, foi un dos líderes do chamado movemento da Renascença Portuguesa e lanzou en 1910 no Porto, xuntamente con Leonardo Coimbra e Jaime Cortesão, a revista A Águia, principal órgano do movemento.

Poesía 1895, Embriões. 1896, Belo 1ª parte. 1897, Belo 2ª parte. 1898, À Minha Alma e Sempre 1899, Profecia (colaboración con Afonso Lopes Vieira.) 1901, À Ventura. 1903, Jesús e Pan. 1904, Para a Luz. 1906, Vida Etérea. 1907, As Sombras. 1909, Senhora da Noite. 1911, Marânus. 1912, Regresso ao Paraíso; Elegias. 1913, O Doido e a Morte. 1920, Elegia da Solidão. 1921, Cantos Indecisos. 1924, A Elegia do Amor; O Pobre Tolo. 1925, D. Carlos; Cânticos; Sonetos. 1949, Versos Pobres.

Prosa 1915, A Arte de Ser Português. 1916, A Beira Num Relâmpago. 1919, Os Poetas Lusíadas (conxunto de conferencias pronunciadas en Cataluña.) 1921, O Bailado. 1923, A Nossa Fome. 1928, Livro de memórias (autobiografía). 1934, S. Paulo (biografía novelada). 1936, S. Jerónimo e a trovoada (biografía novelada). 1937, O Homem Universal. 1940, Napoleão (biografía novelada). 1942, Camilo Castelo Branco o penitente (biografía novelada); Duplo passeio. 1945, Santo Agostinho (biografía novelada).

Teatro 1926, Jesus Cristo em Lisboa (colaboración con Raul Brandão).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Saudosismo

Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Dramaturgos de Portugal Categoría:Poetas en lingua portuguesa Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1952 Categoría:Nados en Amarante